Trátase de novas pedagoxías e outra forma de traballar necesaria neste século XXI.
Marco lexislativo que temos que cumprir e polo que programamos a nosa actividade:
- Orde 20 de xuño 2019. Calendario escolar. Conmemoracións, Semanas adicadas, Efemérides.
- Decreto105/2014, 4 de set. CURRÍCULO E. PRIMARIA CC.AA GALICIA. Competencias clave:
1. Comunicación Lingüística
2. Competencia matemática e tecnoloxía
3. Competencia dixital
4. Aprender a aprender
5. Competencias sociais e cívicas
6. Sentido de Iniciativa e espírito emprendedor
7. Conciencia e expresións culturais
Agúns ESTÁNDARES de Avalación:
- Manifiesta autonomía na planificación e execucións de tarefas e ten iniciativa na toma de decisións.
- Reflexiona sobre o traballo realizado, saca conclusións de como traballa e aprende e elabora estratexias seguir aprendendo.
- Utiliza estratexias para traballar de forma individual e en Equipo mostrando habilidades para a resolución pacífica de conflictos.
- Identifica e valora as súas habilidades persoais.
Ten sentido tratar todo isto por un libro de texto individual? Ou teremos que procurar outros medios e recursos?
NOVAS PEDAGOXÍAS
- Traballo por Proxectos.
- Traballo Cooperativo.
- Aprendizaxe Dialoguístico.
- The Flipped Classroom
- Equipo de Biblioteca
- Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares
- Equipo de Dinamización da Lingua e a Cultura Galega
- Voz Natura
Como traballar na casa? Como poden axudar as Familias?
- Estando en contacto coa titora e titor. Coñecer o traballo que se fai na aula. Confianza e seguimento!
- Interactuando, dialogando coa nena ou neno deixándolle a ela ou el o protagonismo directo da aprendizaxe. Deixándolle que erre pero apoiando sempre o seu traballo. Reflexionar sobre o traballo feito.
- Acompañamento. Facer preguntas pero que sexa ela ou el o que resolva. Que tes que facer? Como o podes facer? Cal cres que pode ser o primeiro paso? (...) Como o fixeches? Que aprendiches? Como podes reflexar o teu aprendizaxe para compartir na clase?
- Horario de Estudo. Marcar un tempo DIARIO para LER e para facer tarefa de estudo (investigación e elaboración dun do Caderno de Aprendizaxes).
- Facilitar o acesso á Cultura: Bibliotecas, Teatro, Concertos didácticos, Contacontos,.. Axudar na súa formación como Público respectuoso.
Libros: Libros da biblioteca recomendados, Libros informativos sobre os temas a traballar, dicionarios e lecturas varias. Libros disco para mellorar a escoita e a letra escrita...
Ningún comentario:
Publicar un comentario