Que son os ecosistemas?
Coa escoita e a lectura aprendemos moitísimo.
Temos acceso á información.
Logo, se queremos comunicar o aprendido,
primeiro temos que procesar e ordenar ben
a información.
Podemos facer un mapa conceptual para ordenar as ideas.
Facemos preguntas para organizar o tema central:
1.Que son?
2.Como son?
3.De que están formados?
4.Como funcionan?
Coa axuda do mapa conceptual e as preguntas, comezamos a redactar.
Un parágrafo mínimo para cada resposta.
1. Poñemos o título do tema e damos unha definición. Explicamos que é.
(suxeito correspondente e o verbo ser: é ou son).
Hai que esforzarse en facer ben o texto,
posto que é para ser publicado.
O texto tamén pode ser a base do audio
para facer un video ou unha curta de animación.
Daquela hai que facelo moi ben!
Ponte a proba! Comeza por explicar
Que son os ecosistemas?
Envía o teu texto e tamén o audio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario