Páxinas

venres, 20 de marzo de 2020

A IMPORTANCIA DE LERLLES!

Se queremos que escoiten, escoitamos!
Se queremos que lean, lemos!
Somos o exemplo!

Á "Hora de Lectura" desde Infantil ata mínimo 2º curso da Primaria debería ser "Hora da Escoita". Tempo diario. Da escoita de lecturas que lles leamos! Lecturas ben escollidas e preparadas. Interesantes para o público ao que nos diriximos. Non teñen que ser largas, nin necesariamente libros de contos. Pode ser unha noticia, un poema, un texto informativo, unhas instrucións, unha receita de cociña, unha biografía,...Algo interesante, que os enganche...
Somos o exemplo! 
PRELECTORES e PRIMEIROS LECTORES, necesitan de bos exemplos para ir mellorando a súa competencia. Ler como comprender, máis aló de descifrar o código escrito.


Obxectivos:
1. Traballar a ESCOITA ACTIVA do alumnado. Práctica  como Público respectuoso (Ben sentado, en silencio, escoitando con atención).
2. Presentar a lectura como comunicación de informacións. Con contido. Usos da Linguaxe escrita. A importancia de ler.
3. Transmitir con sentido. Sen présa. Lectura centrada nos significados que encerra. Ofrecer exemplo de entoación natural pero adecuada. Darlle sentido ao texto. De que trata? Enténdese ben?

Este traballo diario é moi importante e necesario. Logo, pódese completar con outras actividades e estratexias de lectura.
Na casa,pódese facer un traballo distinto que na clase...

Algunhas estratexias para traballar na casa a lectura...
1. Escoita. Lectura global dunha lectura máis ou menos curta.Lemos nós pero co texto diante. Que vexa o texto que estamos lendo.
2. Asegurar a comprensión. Comentarios sobre a lectura e o seu contido.
3. Acompañamento. Lectura en sombra, en quendas: primeiro nós e logo a nena ou neno.Lectura de cada frase, facendo as pausas sen cortar o contido. Que entenda que cada frase é unha unidade de información con sentido e que remata nun punto.



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario