Páxinas

SON DE AL

Que é iso de ser mestra de AL? 
Cal é o traballo da mestra de AL?

A mestra de AL é un valioso recurso para atender a diversidade do noso alumnado.

 Ademáis de ser mestra pertenecente a un Claustro, é especialista en Audición (oído) e Linguaxe (estructuras para representar,comprender e expresar).

O Sistema Educativo que temos é altamente verbal (de palabra) e moi oral. A fala é o medio de Comunicación máis utilizado socialmente e na escola.
Logo, a escrita é representación da fala.

Sí, é importante falar ben pero...antes da fala está a linguaxe e antes da Linguaxe a Comunicación.



A mestra de AL debe actuar antes ou no acceso ao currículo escolar. Como?
  •  Facilitando estructuras de Linguaxe,
  •  buscando alternativas e sistemas de Comunicación nos casos máis graves, 
  • estimulando un desenvolvemento normal e favorable da Linguaxe que facilite o desenvolvemento curricular e tamén social.
Para o desenvolvemento da fala o oído é moi importante. O oído é a base da linguaxe oral.
 A linguaxe escrita é a representación dun código de sons, código oral. Daquela, sen oído...é dificil un desenvolvemento exitoso da linguaxe e polo tanto das aprendizaxes escolares...

O currículo escolar da por feito uns requisitos que veñen de serie, no noso alumnado. Pero...moitas veces non se parte das mesmas condicións.O noso alumnado é moi diverso. Que pasa co alumnado que non oe ou que non escoita ben? E..de que lle serve moitas veces a fala a rapaces ou rapazas que non comunican ainda que  falen e demostren certa linguaxe elaborada?
E os rapaces e rapazas con Trastorno da Linguaxe, que non parten das estructuras das que parecen dispoñer a maioría do alumnado?
Pois, estes casos son os prioritarios na atención da mestra AL. Asegurar a Comunicación, a Comprensión para poder acceder a un currículo feito en xeral.

Ás veces asociase á mestra de AL só cos problemas de articulación, coas dislalias, especialmente co son /R/. Este tamén é unha parte, pero moi pequena do mundo AL. As dislalias funcionais por distorsionar o son /R/ é como unha gripe para un médico. Os médicos non só están para as gripes...son máis necesarios en casos graves, ainda que atenda gripes tamén.

Unha función da mestra AL, que ás veces queda esquecida é a importante función de prevención, de adiantarse ás dificultades, estimular o desenvolvemento normal e favorable da Linguaxe, a de traballar conxuntamente cos titores, asesorar, proporcionar estratexias, buscar, dirixir ou elaborar material para mellorar a Competencia Comunicativa e Lingüística,...

O alumnado candidato a AL é a totalidade do alumnado do centro!Logo, os casos prioritarios serán nos que esté implicada a Comunicación e a Comprensión.


Ningún comentario:

Publicar un comentario