Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta INFANTIL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta INFANTIL. Amosar todas as publicacións

luns, 30 de marzo de 2020

FAUNA MARIÑA

Sabemos o nome dos peixes e outra fauna mariña?

Escoita, mira e aprende coa canción
 "Peixiños do mar" de Magin Blanco

 

Os videos ben montados con boa imaxe, texto e música tamén son moi recomendables para asegurar vocabulario.

INGREDIENTES.PURÉ DE VERDURAS.


A nai de Clara prepara un puré moi san.
A Clara non lle gusta a cenoria.
Coñeces os nomes dos ingredientes?






 Sabias que con Google Slides podes facer boas presentacións? Este tipo de presentacións poden resultar moi útiles para repasar vocabulario.

Os pictogramas podemos procuralos en ARASAAC.


Centro aragonés de Comunicación Aumentativa e Alternativa

venres, 20 de marzo de 2020

INFANTIL. OS RECUNCHOS EN FAMILIA

Para o alumnado de Infantil e as súas Familias estes días na casa...

Ademáis da Escoita sen pantalla (Radio Picariña), e da Escoita con pantalla (SonárboreTV)... Podemos trasladar algunha rutina do cole á casa.

Oído e vista son dous canles principais da entrada á información. Importantes para recibir información. Mais, non chega só con percibir información...Algo haberá que facer para integrala,comprendela e darlle significado!? A comprensión precede ao proceso e á expresión. Así que temos que comezar por asegurar a comprensión e por establecer diálogos.

A IMPORTANCIA DO XOGO SIMBÓLICO. INTERACCIÓNS PARA APRENDER.

Como axudamos dende a casa?

1. Procuramos un tempo exclusivo. Non ten que ser moito tempo pero sí convén que sexa exclusivo no intercambio comunicativo.
2. Procurar un xogo, xoguete ou actividade para o xogo simbólico. Tamén pode ser cociña creativa ou outra actividade onde haxa que interactuar.
3. Coidar os intercambios comunicativos enriquecéndoos con linguaxe, explicacións e entonacións axustadas. Respectando as quendas de palabra e acción. (Facer como se...).
4. Ser conscientes de que sodes modelo a seguir. 


Todo o que se faga de intercambios comunicativos de calidade redundará en moita aprendizaxe e nun bo desenvolvemento das Linguas.



xoves, 19 de marzo de 2020

CON PANTALLA...ESCOITA E MIRA!

Unha vez traballado o Oído e a Escoita Activa...pasamos a engadir outro dos canles importantes de percepción da información: a vista. Tamén temos dous ollos...

Escoita e mira! Para comprender, para aprender...

Recomendo unha vez máis o canal de Youtube Sonárbore,da Editorial Galaxia.




Por exemplo... A horta de Balbina , dunha familia por nós moi coñecida.... 


 Videos de cancións en galego para escoitar e ver. Mais se teñen o engadido do texto, da escrita. Así imos integrando o idioma na parte oral e tamén na parte escrita.
Vendo o texto ben escrito é unha forma de integrar palabra,ortografía, ademais de comprender mellor o tema ou historia mensaxe da canción.

Hai moitos videos que ver, que escoitar e cos que podemos aprender moito.
Uxía, Paco Nogueira, moitos dos nosos favoritos...

luns, 16 de marzo de 2020

ESCOITA.... Radio PICARIÑA!

A Escoita é moi importante para as aprendizaxes!
Escoita sen pantalla...ESCOITA ACTIVA!

RADIO PARA XENTE MIÚDA....RADIO PICARIÑA!
Mil cancións en Lingua Galega adaptadas para nenas e nenos...
Podemos facer escolla de como as queremos escoitar!
Títulos, cancións e intérpretes...Moitas aprendizaxes!

"A letra...con música entra!"