Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta Hora da Escoita. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Hora da Escoita. Amosar todas as publicacións

martes, 28 de abril de 2020

HORA DA ESCOITA. CAPÍTULO XII

No capítulo 11 escoitamos sobre a  biodiversidade
  (bio-Vida) que hai na Fraga.

12. Os inimigos da fraga



Con este capítulo, a través da conversa de Clara e Nimo, aprendemos moito sobre a lenda orixe dos didgeridoos , sobre os eucaliptos e sobre os corvos.

Escoita ben e logo expón a información aprendida...
Que sabemos sobre:

1. Os didgeridoos. Que son e que conta a lenda.
2. Os eucaliptos. 

Non teñas présa! Escoita, dalle ao Pause e recolle a información necesaria
Logo redacta un bo texto. Elabora ben as frases e corrixe.
Despois de que teñas un bo texto, practica e grava o audio.

Céntrate primeiro nun dos textos e o seu audio. 
Cando teñas resolto a orixe dos didgeridoos xa podes centrarte nos eucaliptos.
Ou, podes comezar polos eucaliptos!

Lembra que os obxectivos son:
  • Escoitar con atención
  • recoller os datos
  • elaborar bos textos ordeando os datos
  • corrixir os propios textos
  • practicar a lectura en voz alta
  • gravar bos audios comunicando o aprendido
Todo o proceso require tempo e esforzo.
Reparte a tarefa en días e vai facendo...
É preferible que só fagas un dos textos ben feito
(Os eucaliptos, por exemplo)

Non hai présa! Hai oportunidades de aprendizaxe!

martes, 21 de abril de 2020

ESCOITA. CANTA VIDA HAI NUNHA FRAGA!


Canta Vida hai nunha fraga!

El bosque animado é unha novela do escritor Wenceslao Fernández Flórez publicada no 1943.
Temática:  a vida de todas as criaturas que forman
 A Fraga de Cecebre

Na Fraga de Pedrasirtas tamén hai moitísima Vida...

Escoitamos o capítulo XI de Unha misión para Clara:

11. Chegan malas novas de Pedrasirtas


 
Unha misión... para vós!

1. Busca imaxes para coñecer  cada unha das especies arbóreas que se nombran: carballos, castiñeiros, freixos, acivros, bidueiros, loureiros, albedros, abrairas, ameneiros, capudres, pradairos,... 

Podes facer un collage ou presentación etiquetando cada imaxe co nome da árbore.

Tanto as árbores como as herbas aromáticas pertencen ao Reino Vexetal (Plantae).

martes, 14 de abril de 2020

ESCOITAMOS A AMANDA

Algúns dos Audios...Escoitamos!






Outro texto sobre quen foi Áurea Rodríguez.
A gaita de Amanda interpretando
A Marcha do Antiguo Reino de Galicia e Polca do Ulla.
A importancia da Vitamina D.
Os Malvaviscos.

Grazas,Amanda,polo teu esforzo e traballo!
 
 

luns, 13 de abril de 2020

HORA DA ESCOITA. CAPÍTULO IX


9. As maneiras do trasno Silván




PROPOSTA

1. Reino vexetal.Lembra  a clasificación científica dos 5 reinos de seres vivos. Explica cales son as características de cada grupo. (Podes facer un esquema, un texto e logo gravar o audio).

2. Herbas aromáticas. Coñeces algunha? No capítulo citanse o romeu, a lavanda e a espiña de toxo...(Busca imaxes).

3. Que ingredientes leva saborosa ensalada multicolor que preparou María? (Lembra respostar dándolle a volta á pregunta e construíndo unha moi boa frase).

 

xoves, 2 de abril de 2020

HORA DA ESCOITA. CAPÍTULO VIII

O propósito de Clara era abrir a maleta...(cap 7)
A sorpresa foi...maiúscula!
Xa sabedes o que había na maleta,non?

Ben, pois chegou o momento de
aclarar algunhas cuestións...

8. Uns seres moi festeiros 

O NYCKELHARPA. HORA DA ESCOITA.


Xa está resolto o misterio da maleta.
No capítulo VIII , 
Clara fai preguntas e Nimo responde. 

Quen é Nimo?  Que sabemos del?
"Non é un ser humano pero ten humanidade". 
Como pode ser iso?


Nimo é de Suecia. Sabe tocar o nyckelharpa.
O nyckelharpa é un instrumento tradicional 
de orixe sueco.

 

O nyckelharpa é un instrumento de corda.
Como unha guitarra, colócase con unha correa arredor do pescozo.
As cordas frétanse con un arco, en vertical.

O nyckelharpa, pola súa forma e son, estaría entre o violín e a zanfona, non si?


mércores, 1 de abril de 2020

HORA DA ESCOITA. CAPÍTULO VII

Clara tiña un firme propósito no capítulo VI.
Escoita...
7. O que cabe na maleta


alasar: Respirar de forma axitada e entrecortada por causa da fatiga, da calor, dunha emoción, etc.

arela: Desexo moi forte dunha cousa.

1.Por que tiña Clara tanta présa de chegar á casa?
2.A sorpresa foi maiúscula!Que había na maleta?
3.Quen era o neno e o home da maleta?

HORA DA ESCOITA.CAPÍTULO VI

Despois dos malvaviscos do capítulo V, escoitamos

6. Un firme propósito

   
Frases feitas.
As intervencións da mestra Claudia:

__Baixa das nubes!
__Que che pasa? Estás nas verzas?
__ A atención é un acto voluntario. É normal distraerse pero hai que traer ao rego a imaxinación.
__ Atender ao que estás facendo en cada momento, sen deixar voar a imaxinación

Que quere dicir a mestra Claudia con estas frases feitas?

Cal era o propósito de Clara?

Propósito: Aquelo que unha persoa se propón realizar ou ao que aspira. SINÓNIMOS- fin, finalidade, idea, intención, obxectivo. (Dicionario RAG).
 

martes, 31 de marzo de 2020

HORA DA ESCOITA. CAPÍTULO V


Que haberá na misteriosa maleta de coiro?
Abrirá Clara a maleta?

Escoita con atención o capítulo de hoxe.
Poñemos voz ao texto de Marica Campo.

5. O soño e a chave 



Malvaviscos? Que será iso?
Pista: Uns emigrantes retornados de Inglaterra montaron unha pastelería e téñenos.

PROPOSTA:
Entérate ben do que son os malvaviscos.
Por que son caros e non doados de atopar?
Como se fan? Que ingredientes levan?

1.Infórmate na rede. Le e comprende.
2.Logo ordena ben a información que atopaches.
3.Conta ben, por escrito,o que aprendiches sobre os malvaviscos. 
En galego. Lembra revisar o escrito.

Non copies "tal cual está na rede". Redacta ti!

Imaxe de malvaviscos

Axuda dun mapa conceptual 
 para redactar cada un dos parágrafos.


luns, 30 de marzo de 2020

HORA DA ESCOITA. CAPÍTULO 4.


A familia de Clara está sentada á mesa.
O pai de Clara conta un feito algo estraño que lle sucedeu no traballo.

4. Un home e outra maleta




PROPOSTA:
Pon atención e contesta por escrito.
1. En que traballa Antón, o pai de Clara?
2. Que estaba facendo Antón cando petaron na porta do seu despacho? 
3. Que fixo Antón coa maleta?
4. Que semellanzas hai nas historias do neno e do home das maletas de coiro?


Consello: Antes de escoitar a lectura unha segunda vez, le ben as preguntas.

Fíxate na información importante.

Ordena e revisa o teu escrito. 

venres, 27 de marzo de 2020

MULLER! MARICA CAMPO

 Grazas ás boas investigacións
 do alumnado de Terceiro
 sobre MARICA CAMPO

Sabiamos que Marica Campo era a autora do libro Unha misión para Clara.

Enlace á entrada O Cataventos2 

Da wikipedia e da guía de lectura da editorial sairon as primeiras informacións desta escritora e mestra xubilada.

Houbo un dato que chamou a atención: a escrita de letras para o grupo Fuxan os ventos.

Destacamos o seu poema Muller!

Escoitamos como sona o tema con Fuxan os ventos e Mercedes Peón.



A versión de Muller! que inclúe Sés no seu disco Rabia ao silencio.



 Quen son Mercedes Peón e Sés?
Sobre diso investigan Quinto e Sexto...

HORA DA ESCOITA CO RAP DE LOIS

Xa temos controladas as cancións do capítulo 3 
de Unha misión para Clara:

Lucy in the sky with diamonds, The Beatles.
A tradicional "Sete cuncas", que  Clara canta coma un rap.

O primeiro rap en chegar ao correo foi o de Lois. 
Atención, porque imos a escoitar ese rap incluído na lectura. 
Deixo o enlace que vos leva á escoita!



3. Clara non quere ser unha abesullona

 PROPOSTA 1: Dicionario da RAG

Que significa abesullona
Abesullona é unha palabra adxectivo. Ás veces, procurando o significado dunha palabra debemos recurrir ao verbo, e facer unha segunda procura.

Por que Clara non quería ser unha abesullona? 
Que significa osmar?
Cos significados aprendidos, explica por escrito a situación da maleta e o título do capítulo.

Que trae o dicionario da RAG sobre o xustillo?
Define o que é e procura unha imaxe ou debuxo.

PROPOSTA 2:
Que conta Clara sobre Lucy, a femia Australopithecus? Lucy é...... 
Explica ben por escrito. Redacta e revisa.

PROPOSTA 3:
Cantos servizos ten que poñer Clara na mesa?
Cantos son na familia? Que sabes de Clara e da súa familia. Escribe un texto: Clara e a súa familia.


Xa vedes que as propostas de hoxe para comprender ben a lectura consisten en:
  • Práctica de dicionario RAG.
  • Procura de información e imaxe.
  • Escribir, organizando e ordenando a información.
  • Revisar o escrito.

Obxectivo: aprender a procesar a información e a comunicar o aprendido de xeito eficaz.


mércores, 25 de marzo de 2020

PRECISAMOS UN RAP

Antes de meternos no capítulo 3 de
Unha misión para Clara
necesito da vosa axuda...

No capítulo, Clara entra na cociña cantando un rap que aprendeu na escola.
A nai de Clara coñece a letra da canción pero o ritmo de rap despístaa porque ela coñece outra música para a mesma letra...

Como eu tampouco sei a versión rap, pido a vosa axuda.
PROPOSTA: Estuda a letra seguinte.
Grava en forma de rap.
Envia o audio a ermiclase@gmail.com 


"Sete cuncas de papas de millo
 unha vella comeu
e quebroulle o cordón do xustillo
 de tanto que encheu.
Tiña fame e comeu outras sete 
e mais recuncou
e despois fixo igual que un foguete
__chispún!__estoupou."



martes, 24 de marzo de 2020

LUCY IN THE SKY...

Antes de escoitar o capítulo 3 do Libro Unha misión para Clara, temos que prepararnos...



Lucy in the sky with diamonds é unha canción
da famosa banda The Beatles.

Segue a Letra da canción mentres escoitas. 
Asocia o que escoitas coa palabra escrita.


Picture yourself in a boat on a river

with tangerine trees and marmalade skies 

somebody calls you,you answer quite slowly,

a girl with kaleidoscope eyes

cellophane flowers of yellow and green,

towering over your head

look for the girl with the sun in her eyes

and she's gone

Lucy in the sky with diamonds

follow her down to a bridge by a fountain

where rocking horse people eat marshmallow pies,

everyone smiles as you drift past the flowers

that grow so incredibly high

newspaper taxis appear on the shore

waiting to take you away

climb in the back with your head in the clouds

and you're gone

Lucy in the sky with diamonds

picture yourself on a train in a station

with plasticine porters with looking glass ties

suddenly someone is there at the turnstile

the girl with the kaleidoscope eyes

Lucy in the sky with diamonds... 


No idioma inglés é mais doado comprobar que unha cousa son os sons da fala e outra moi distinta é a escrita representacións dos sons.


HORA DA ESCOITA!

Editorial: OQUELEO
Libro: Unha misión para Clara
Autora: Marica Campo

Capítulo 2. O misterio medra


Ecosistemas! Que sabes tí sobre os ecosistemas?Intenta explicalo e poñer un exemplo.

A nai de Clara fai un puré moi san. Que ingredientes leva o puré? Escribe.
Que ingrediente non lle gusta a Clara?

Que misterio! Onde irá o neno? 
Por que deixaría a maleta?
Que haberá na maleta?

Escribe (ordena, redacta e revisa) e manda as túas respostas a 
ermiclase@gmail.com

Proba a facer unha infografía da receita do puré!
(Na lista de ingredientes fai o debuxo de cada ingrediente na esquerda antes de poñerlle o nome.) 

 Cabaciño





Pictograma de Arasaac.

luns, 23 de marzo de 2020

HORA DA ESCOITA EN PRIMARIA

Editorial: OQUELEO
Título do libro: Unha misión para Clara
Autora: Marica Campo

Podedes escoitar o capítulo:
1. Clara e o neno descoñecido,
no Soundcloud de Ermiclase


Preguntas que fai Clara neste capítulo:

_Quen chama?
_Quen es?
_ Que queres?
_Como te chamas?
_De onde vés?
_Non me comprendes?
_Do you speak  English?
_Queres pasar?
_Coméronche a lingua os ratos

En Galego e en inglés só poñemos o símbolo de cerrar a pregunta ao final.

Se narramos,cando fala un personaxe poñemos un guión. 

PROPOSTA
Realiza unha ilustración da escena 
máis representativa do capítulo.

Lembra que as ilustracións deben ser moi fieis ao que di o texto. Mellor que escoites con moita atención varias veces, para facelo ben.

Gustouche o capítulo? Quen será ese neno descoñecido?
Podes deixar a túa opinión nos comentarios