Se pan de millo vas merendar,
mira o traballo que hai detrás!
Portada do libro CD Pan de Millo, de Migallas. Kalandraka
Facer o Pan é un proceso.
Os procesos levan tempo e dedicación.
Dentro dun proceso hai fases e moitas accións.
Moito traballiño!
PROPOSTA 1:
Pon atención á canción e á letra. Toma nota dos verbos (accións) que se necesitan para facer o Pan de Millo.
Anota pola mesma orde en que aparecen. Podes parar o vídeo para asegurarte e copiar sen faltas.
Fai unha lista , cada acción nunha liña:
1. Plantar
2. Esperar
3. Nacer
4. ...
Sigue a lista. Cantas accións (verbos)
e canto traballiño,verdade?
PROPOSTA 2:
Agora imos, a partir desa melodía a cambiarlle as accións para describir outro proceso...
Se o teu curso queres aprobar,
mira o traballo que hai detrás!
(En outubro do 2016, logo co permiso de Migallas, partín da música e da estrutura da canción Pan de Millo, cambieille os verbos e algunha cousiña máis. Trataba de explicar mellor o proceso da Escrita e todo o traballo que hai detrás. Nas estrofas veredes reflexadas as 4 habilidades necesarias nas que sempre insistimos as mestras e mestres: ESCOITAR, FALAR con discurso ordenado, BEN LER e ESCRIBIR.)
Quedádevos coa música de Pan de Millo para poder aplicarlle a nova letra :
Se o teu curso queres aprobar,
mira o traballo que hai detrás!
Hai que ESCOITAR
hai que esperar.
Logo, pensar
e relacionar.
Se o teu curso queres aprobar,
mira o traballo que hai detrás!
Hai que MIRAR,
hai que observar.
Logo,ben ler
e comprender.
Se o teu curso queres aprobar,
mira o traballo que hai detrás!
Hai que PENSAR
hai que ordenar.
Logo,escribir
e revisar.
E revisar!
E revisar!
Pois, xa sabes do proceso! O pan de cada día.
Cada día conta. A traballar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario