Páxinas

venres, 9 de xaneiro de 2015

SPREAD THE SIGN


Dicionario internacional de Linguaxe de Signos! Un producto do Centro de Lengua de Signos Europea.
Ferramenta web pedagóxica de uso gratuito.

Tamén dispoñible en Smartphones.

Para que? Pois depende de tí e da túa cretividade no uso.



Entra, remexe, proba! Moitos idiomas, moitos usos.
O mínimo, aprender LSE ou doutra lingua! Mete o termo, elixe o idioma e...en video terás o resultado.

Moi útil, non sí? Pois, veña, a remexer e a aprender moito!

martes, 6 de xaneiro de 2015

ESCOITA E APRENDE COS LIBRO-DISCOS!

Xa dixemos que é moi necesario traballar a ESCOITA e tamén os libros cos máis pequenos.
O formato libro-disco está de moda, é atractivo e da moitísimo xogo! Para traballar a ESCOITA, A LÍNGUA e tamén a PRELECTURA ou A  LECTURA.

Desde bebés, cos seus sons e onomatopeias

Gatuxo, Gatuxa, de Magín Blanco. Ilustracións de Erica Maradona

Para Mirar, escoitar e..cantar!


Outros libros -disco:

Pan de Millo. Migallas.Kalandraka. Ilustracións de Dani Padrón.

Brinca vai!Paco Nogueiras. Kalandraka. Ilustracións de David Pintor.


Colección Sonárbore. Galaxia.
Os de María FumaÇa

 ou de Mamá Cabra.

e moitísimos máis  libros-disco


SonárboreTV é o novo canal de Youtube da editorial Galaxia, que presenta algúns audios da Colección Sonárbore. 17 vídeos para nenos e nenas, ademáis da versión Karaoke ou subtitulada na maioría deles.

Como "traballamos" cos libros-disco?

Pois de moitas diversas maneiras!. A base da aprendizaxe e da lectura é a interacción. Isto facilita moito que as familias se senten cos pequenos  e pequenas
  • comenten as ilustracións.
  •  escoiten as cancións e vexan a letra ao mesmo tempo.
  •  que falen das cancións. 
  • que relacionen cancións con ilustracións, 
  • que lean e que canten xuntos.

Logo, sen libro diante,o  exercicio de escoita xa é máis doado.

Na clase, exercicios con libro-disco, xa son un pouco máis específicos.
Xa non se trataría só de escoitar, senon de reflexionar sobre o que se escoita.
Xogar coas rimas, co vocabulario, coas palabras e partes de palabras nas que precisemos centrarnos.

Serían, por exemplo exercicios de Listening, completar ocos onde faltan palabras previamente seleccionadas que terán que escoitar e escribir. Logo pódese buscar a letra completa no libro e correxir.Tamén podemos xogar a cambiar as letras e buscar outras rimas, ...depende dos obxectivos que persigamos nese momento.

Ademáis, ao contar co DVD Karaoke...ainda da máis xogo! Seguir a lectura no video.

Con pictogramas, encántame a idea! Poderiamos pictografiar ou ilustrar as letras de xeito máis visual.
Un exemplo desde SonárboreTV



Video incluído no libro XIQUI XOQUE FIÚ FIÚ! María Fumaça. Editorial Galaxia 2014
Realización dos debuxos: Paxi Da Silva.

OS REIS DE RUI. MARIA FUMAÇA

MARÍA FUMAÇA,
Proxectos que nacen do amor...
Cantar e bailar para ser máis feliz! 

Xiqui Xoque Fiú, Fiú!

A Rui, un rapaz moi especial!

Uxía, Chus, Ana, Manuel, Magín Blanco, Serginho Sales, Irea e Carme, Pablo e Manuel, e outros membros da María Fumaça!

Libros CD que inclúen Karaoke!

O que en principio era un agasallo familiar para unha noite de Reis para Rui está sendo un Proxeito xeitoso, cargado de vida e de Alegría.




Con un tema do Xiqui Xoque, valaquí unha moi boa idea para tomar nota e montar outros temas musicados, representados, subtitulados ou pictografiados e en Linguaxe de Señas. Accesible!

Grazas, María Fumaça por tanta alegriiiiiaaa, yes! Grazas, Rui!

Un pequeno exemplo do que esta familia vai provocando. Os cocoricos de Aida Oitavén tamén signan a Alegría de María Fumaça!