Que queres contar?
1. Escribimos o texto: o guión.
Debe ser un bo texto, ordenado.Imos explicando o que queremos contar sen présa, facendo boas frases.
Distinguimos tres partes:
- Entrada: Que vou contar? Título e tema.
- Desenvolvemento: Conto de xeito ordenado.
- Cerre: Que contei?E onde atopei a información?
Como é un texto escrito...reviso, reviso e reviso!
Enténdese ben? Está ben ordenado e claro?
A historia ten que estar ben contada só co texto.
Proposta:
Fíxate no texto da entrada anterior: Quen foi Áurea Rodríguez?
Observa as tres partes do texto.
Proba a facer ti outro texto con outra das Músicas Galegas.
Quen foi....? ou Quen é...?
Ningún comentario:
Publicar un comentario