Páxinas

mércores, 25 de marzo de 2020

PRECISAMOS UN RAP

Antes de meternos no capítulo 3 de
Unha misión para Clara
necesito da vosa axuda...

No capítulo, Clara entra na cociña cantando un rap que aprendeu na escola.
A nai de Clara coñece a letra da canción pero o ritmo de rap despístaa porque ela coñece outra música para a mesma letra...

Como eu tampouco sei a versión rap, pido a vosa axuda.
PROPOSTA: Estuda a letra seguinte.
Grava en forma de rap.
Envia o audio a ermiclase@gmail.com 


"Sete cuncas de papas de millo
 unha vella comeu
e quebroulle o cordón do xustillo
 de tanto que encheu.
Tiña fame e comeu outras sete 
e mais recuncou
e despois fixo igual que un foguete
__chispún!__estoupou."



Deixo a versión tradicional, a que posiblemente coñeza María, a nai de Clara.
versión de Radio Cos, disco "Sete cuncas."



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario