Páxinas

sábado, 21 de marzo de 2020

DA IMAXE Á PALABRA ESCRITA CON IRENE SILVA


Catro Habilidades que temos que desenvolver para ter competencia nas Linguas:
  1. Escoitar
  2. Falar con discurso ordenado
  3. Ben Ler- (Comprender. Tamén imaxes estáticas ou en movemento).
  4. Escribir
Escribir non é un exercicio doado. A linguaxe escrita é unha representación da linguaxe oral. A escrita está suxeita a normas. Non podemos escribir como falamos!
Na escrita hai que...
  •  pararse a pensar
  • escoller ben as palabras do que queremos expresar
  • ordenar facendo boas frases
  • ter en conta a ortografía e as regras para convertir os sons nas grafías(letras) correspondentes.
Como "A letra con Arte entra" imos devagariño, moi amodiño no proceso da escrita.

PROPOSTA DA IMAXE Á PALABRA coa grande Artista IRENE SILVA.
Imos poñerlle palabras , texto, a partir das súas imaxes gravadas...
O primeiro paso será...coñecer algo da obra desta artista, viaxar polos seus lenzos...
Preme no enlace á súa páxina oficial...e logo no "Ler máis" para seguir a proposta.


Foto de Irene Silva Xiráldez
Enlace á páxina oficial de Irene Silva


Unha vez visto parte dos seus lenzos e os seus títulos, escolle un par deles. Observa ben...
Pensa...Que che suxire? Que ideas se che veñen á cabeza? 
Escolle as palabras que mellor concretan a túa idea.
Ordena, fai unha frase ben feita
Pon o texto, non te conformes con unha frase...Proba a poñer palabras sen medo. Practica!
Podes facer un título novo, contar unha pequena historia a partir do que ves, unha descrición, unha opinión, un rap, un poema...O que queiras! Pero escribe!
Apréndese a escribir...Escribindo!

Un segredo: nunca se acaba de escribir cando se pon o punto e final. É preciso REPASAR mínimo tres veces, para asegurarse de que está ben escrito.
(Ordenei ben? Ten sentido? Enténdese ben?)
Se hai dúbidas coa ortografía e o idioma podes consultar nos dicionarios.

Se estas escribindo en galego lembra consultar o "dicionario" con un só "c" ou o dicionario da RAG (Real Academia Galega).

Da imaxe á palabra. 
Exercicio de expresión consciente. 
Escribir pode ser moi divertido, non si?


Ningún comentario:

Publicar un comentario