xoves, 24 de marzo de 2016

HIMNO GALEGO EN LINGUA DE SIGNOS


Mais exemplos de conxugar a LSE e a nosa Lingua.
Coido que podemos preparar ben as clases de Sociales desta volta!
Canta Lucía Pérez e o video é do Programa Hefesto, do Concello de Pontevedra xunto coa Concellaría de Normalización.



Se se quere, en galego e en Linguaxe de Signos todo se pode facer!

VACACIÓNS.LSE GALEGO.AS NOSAS MANS


As nosas mans, o canal de Youtube do CEIP Escultor Acuña. Xenial!
Vocabulario que podemos necesitar para estos días...



Tamén vocabulario curricular, de Sociais. Claro que eles e elas son de Vigo, e dan a coñecer os distintos barrios.


A idea é boísima! Os protagonistas son os alumnos e alumnas. Está moi claro e ben subtitulado. Ben feito!
E co vocabulario en galego! Pódese pedir máis?

Claro que o CEIP Escultor Acuña é preferente de integración de alumnado xordo. Pero poderían tomar nota calquera centro  ordinario, ainda que só haxa un alumno ou unha alumna con xordeira...

Se cada centro fixese un par de videos...xa teriamos un bo banco do que nutrirnos.
LSE e vocabulario na nosa língua. Para animarse,non si?


domingo, 28 de febreiro de 2016

NA AULA ORDINARIA.ATENDENDO Á DIVERSIDADE.

Este curso escolar, en setembro, comezou para mín toda unha aventura da que disfruto cada día.
Mudei o meu traballo de especialista de AL á aula ordinaria. Estreneime como titora!
Teño un grupo de 3º de Primaria, pouco numeroso (14 alumnos e alumnas) pero moi moi diverso.

A verdade e que... este curso enfrenteime a  moitos cambios importantes. Cambiei de cole, cambiei de provincia, cambiei de especialista a titora... e de añadido... tamén me estrenei  como secretaria do novo colexio donde traballo.

Canta enerxía para adaptarse a tanto cambio xunto!
Ainda co Santa Rita na cabeza e no corazón...adapteime mellor do que pensaba nun principio  a Escarabote.
Xa pasou o primeiro trimestre e non falta moito para rematar o segundo trimestre...

NA MIÑA AULA DIVERSA
Estou moi contenta. Aprendo moitísimo, tratando de atender á diversidade do grupo.
Gastamos moitas enerxías para ser un verdadeiro Equipo de traballo, pertenecente a unha entidade máis grande que a aula, que é o Centro educativo.

Experimentamos e aprendemos moitísimo. Cousas moi útiles, para un mundo real que existe ahora.

Habería tanto que contar...que estou pensando en artellar un novo blog para contar as nosas experiencias exitosas ou ir tornando este mesmo, completando desde a especialidade á aula ordinaria e ao centro e Comunidade Educativa.

Habería tanto que contar! O caso é ...o de sempre, que andamos limitados pola falta de tempo para facelo.

Tranquilidade, buscarei a maneira de compartir esta experiencia tan bonita que estou vivindo.

martes, 17 de novembro de 2015

IV CONGRESO TADEGA!... NON O PODES PERDER!

Os días 11 e 12 de decembro, en Vigo tes unha cita...


Moitos obradoiros diferentes sobre tecnoloxía e Inclusión.

Fermosa foto de D. Miguel Ángel García Duboy (para os nostálxicos "el piraña") hoxe home impulsor da inclusión.
Toda a información na páxina deTADEGA. Apúntate xa! Uso de tablets, Comunicación Aumentativa e alternativa, creación de xoguetes adaptados,...Moito que aprender, compartir e disfrutar.
Ligazón a TADEGa.net


IV Congreso TADEGa from Belén Junquera on Vimeo.

luns, 13 de xullo de 2015

DIFERENTES FORMAS DE VOLAR


Diferentes formas de volar é o título da obra de teatro en LSE da FUNCASOR, Fundación Canaria para el Sordo.

Representada en LSE e interpretada á linguaxe oral. Teatro para todos, para ver e para escoitar. Atendendo á diversidade.
Cultura accesible, esa é a idea! Que ningunha persoa se quede sen disfrutar dos actos e actividades culturais, do cine, do teatro...

"Narrar para a cega e debuxar para a xorda...
Teatro cos sentidos!




Esta idea poderíase aplicar ás aulas e aos centros educativos, á hora de plantexar actividades, eventos, efemérides,...facendo hábito de Boas Prácticas inclusivas!
O mesmo para facer as Bibliotecas Escolares accesibles, os contidos curriculares,..

BIMODAL: VISUAL E ORAL!

EXPECTATIVAS POSITIVAS!


Igual non somos Anna Sullivan pero..., se sabemos observar as características do noso alumnado, poderemos personalizar as aprendizaxes para...que vaia xurdindo a milagre!

Non me lío con palabras, deixo resumo por esceas da película El milagro de Anna Sullivan, 1962.
Para reflexionar e actuar!




OBSERVAR, EXPECTATIVAS POSITIVAS, PERSONALIZAR, INSISTIR E...MILAGRE!

Que explosión cando ves que se rompe a barreira da comunicación e se abre a porta ao mundo e ás aprendizaxes! Despegue!

mércores, 1 de abril de 2015

LSE FÁCIL. MÁIS VIDEOS PARA APRENDER O BÁSICO.

Porque o importante é...COMUNICARSE!

Igual que Anjara Valle, LSE fácil ten uns videos titoriais de LSE fácil interesantes. Pois antes de signar o verbo, por exemplo, aparece a palabra escrita e o audio, logo o signo.

Os verbos son importantes para os significados e para poder facer frases. Por iso propoño este video de verbos dos máis habituais...




Fácil,non si?

LSE fai a súa presentación do curso de LSE deste xeito:

Video de Presentación LSE fácil...de Fernando Díaz, o que aparece en pantalla!




Pois...querer é poder! Seguimos?!

Imos agora con adxetivos, palabras azuis para poder facer descricións.




Enlace á páxina LSEfácil. Usefedora