Páxinas

martes, 17 de novembro de 2015

IV CONGRESO TADEGA!... NON O PODES PERDER!

Os días 11 e 12 de decembro, en Vigo tes unha cita...


Moitos obradoiros diferentes sobre tecnoloxía e Inclusión.


Toda a información na páxina deTADEGA. Apúntate xa! Uso de tablets, Comunicación Aumentativa e alternativa, creación de xoguetes adaptados,...Moito que aprender, compartir e disfrutar.
Ligazón a TADEGa.net


IV Congreso TADEGa from Belén Junquera on Vimeo.

luns, 13 de xullo de 2015

DIFERENTES FORMAS DE VOLAR


Diferentes formas de volar é o título da obra de teatro en LSE da FUNCASOR, Fundación Canaria para el Sordo.

Representada en LSE e interpretada á linguaxe oral. Teatro para todos, para ver e para escoitar. Atendendo á diversidade.
Cultura accesible, esa é a idea! Que ningunha persoa se quede sen disfrutar dos actos e actividades culturais, do cine, do teatro...

"Narrar para a cega e debuxar para a xorda...
Teatro cos sentidos!




Esta idea poderíase aplicar ás aulas e aos centros educativos, á hora de plantexar actividades, eventos, efemérides,...facendo hábito de Boas Prácticas inclusivas!
O mesmo para facer as Bibliotecas Escolares accesibles, os contidos curriculares,..

BIMODAL: VISUAL E ORAL!

EXPECTATIVAS POSITIVAS!


Igual non somos Anna Sullivan pero..., se sabemos observar as características do noso alumnado, poderemos personalizar as aprendizaxes para...que vaia xurdindo a milagre!

Non me lío con palabras, deixo resumo por esceas da película El milagro de Anna Sullivan, 1962.
Para reflexionar e actuar!




OBSERVAR, EXPECTATIVAS POSITIVAS, PERSONALIZAR, INSISTIR E...MILAGRE!

Que explosión cando ves que se rompe a barreira da comunicación e se abre a porta ao mundo e ás aprendizaxes! Despegue!

mércores, 1 de abril de 2015

LSE FÁCIL. MÁIS VIDEOS PARA APRENDER O BÁSICO.

Porque o importante é...COMUNICARSE!

Igual que Anjara Valle, LSE fácil ten uns videos titoriais de LSE fácil interesantes. Pois antes de signar o verbo, por exemplo, aparece a palabra escrita e o audio, logo o signo.

Os verbos son importantes para os significados e para poder facer frases. Por iso propoño este video de verbos dos máis habituais...




Fácil,non si?

LSE fai a súa presentación do curso de LSE deste xeito:

Video de Presentación LSE fácil...de Fernando Díaz, o que aparece en pantalla!




Pois...querer é poder! Seguimos?!

Imos agora con adxetivos, palabras azuis para poder facer descricións.




Enlace á páxina LSEfácil. Usefedora




luns, 30 de marzo de 2015

ADAPTACIÓNS DE ACCESO AO CURRÍCULO

En qué consiste? Que é unha adaptación de acceso?

ACCESO= ENTRADA ou PASO.

Pois...Existen casos de alumnado que por  limitacións sensorias na vista e/ou no oído (xusto as canles máis importantes de entrada de información)  presentan desfase curricular porque non poden acceder ao currículo. Necesitan  adaptacións para facilitar o acceso ao currículo. Non se trataría de una adaptación do currículo a niveles máis baixos. Se non facilitamos o acceso non solucionamos nada!

As adaptacións de acceso son previas e prioritarias ás adaptacións propiamente curriculares.
E por que teñen dificultades? Cales son as dificultades de acceso?


venres, 9 de xaneiro de 2015

SPREAD THE SIGN


Dicionario internacional de Linguaxe de Signos! Un producto do Centro de Lengua de Signos Europea.
Ferramenta web pedagóxica de uso gratuito.

Tamén dispoñible en Smartphones.

Para que? Pois depende de tí e da túa cretividade no uso.



Entra, remexe, proba! Moitos idiomas, moitos usos.
O mínimo, aprender LSE ou doutra lingua! Mete o termo, elixe o idioma e...en video terás o resultado.

Moi útil, non sí? Pois, veña, a remexer e a aprender moito!

martes, 6 de xaneiro de 2015

ESCOITA E APRENDE COS LIBRO-DISCOS!

Xa dixemos que é moi necesario traballar a ESCOITA e tamén os libros cos máis pequenos.
O formato libro-disco está de moda, é atractivo e da moitísimo xogo! Para traballar a ESCOITA, A LÍNGUA e tamén a PRELECTURA ou A  LECTURA.

Desde bebés, cos seus sons e onomatopeias

Gatuxo, Gatuxa, de Magín Blanco. Ilustracións de Erica Maradona

Para Mirar, escoitar e..cantar!


Outros libros -disco:

Pan de Millo. Migallas.Kalandraka. Ilustracións de Dani Padrón.

Brinca vai!Paco Nogueiras. Kalandraka. Ilustracións de David Pintor.


Colección Sonárbore. Galaxia.
Os de María FumaÇa

 ou de Mamá Cabra.

e moitísimos máis  libros-disco


SonárboreTV é o novo canal de Youtube da editorial Galaxia, que presenta algúns audios da Colección Sonárbore. 17 vídeos para nenos e nenas, ademáis da versión Karaoke ou subtitulada na maioría deles.

Como "traballamos" cos libros-disco?

Pois de moitas diversas maneiras!. A base da aprendizaxe e da lectura é a interacción. Isto facilita moito que as familias se senten cos pequenos  e pequenas
  • comenten as ilustracións.
  •  escoiten as cancións e vexan a letra ao mesmo tempo.
  •  que falen das cancións. 
  • que relacionen cancións con ilustracións, 
  • que lean e que canten xuntos.

Logo, sen libro diante,o  exercicio de escoita xa é máis doado.

Na clase, exercicios con libro-disco, xa son un pouco máis específicos.
Xa non se trataría só de escoitar, senon de reflexionar sobre o que se escoita.
Xogar coas rimas, co vocabulario, coas palabras e partes de palabras nas que precisemos centrarnos.

Serían, por exemplo exercicios de Listening, completar ocos onde faltan palabras previamente seleccionadas que terán que escoitar e escribir. Logo pódese buscar a letra completa no libro e correxir.Tamén podemos xogar a cambiar as letras e buscar outras rimas, ...depende dos obxectivos que persigamos nese momento.

Ademáis, ao contar co DVD Karaoke...ainda da máis xogo! Seguir a lectura no video.

Con pictogramas, encántame a idea! Poderiamos pictografiar ou ilustrar as letras de xeito máis visual.
Un exemplo desde SonárboreTV



Video incluído no libro XIQUI XOQUE FIÚ FIÚ! María Fumaça. Editorial Galaxia 2014
Realización dos debuxos: Paxi Da Silva.

OS REIS DE RUI. MARIA FUMAÇA

MARÍA FUMAÇA,
Proxectos que nacen do amor...
Cantar e bailar para ser máis feliz! 

Xiqui Xoque Fiú, Fiú!

A Rui, un rapaz moi especial!

Uxía, Chus, Ana, Manuel, Magín Blanco, Serginho Sales, Irea e Carme, Pablo e Manuel, e outros membros da María Fumaça!

Libros CD que inclúen Karaoke!

O que en principio era un agasallo familiar para unha noite de Reis para Rui está sendo un Proxeito xeitoso, cargado de vida e de Alegría.




Con un tema do Xiqui Xoque, valaquí unha moi boa idea para tomar nota e montar outros temas musicados, representados, subtitulados ou pictografiados e en Linguaxe de Señas. Accesible!

Grazas, María Fumaça por tanta alegriiiiiaaa, yes! Grazas, Rui!

Un pequeno exemplo do que esta familia vai provocando. Os cocoricos de Aida Oitavén tamén signan a Alegría de María Fumaça!