Páxinas

martes, 23 de decembro de 2014

FORMACIÓN VERSUS ENTRENAMENTO!

Nas TICs, na Atención ás Diversidades..., no día a día dos contidos escolares...tan importante é a formación coma o entrenamento.

Ás veces dicimos que os mestres non estamos formados... Os mestres e as mestras estamos suficientemente formados! Igual estamos pouco entrenados, pero estamos formados! Necesitamos tempo para enredar, comprobar o que pasa, explorar,investigar...e logo programar segundo estes descubrimentos.

O tempo é ouro, díxose sempre...Unha boa mestra debería ter tempo para enredar, entrenarse e programar!

Se a un mestre lle cargamos o horario de clases e burocracias administrativas...é dificil que teña tempo para programar as clases, innovar e entrenarse, aínda que pretenda sacalo das horas de sono ou de descanso!


O adaptar materiais, preparar as clases, buscar e xestionar os recursos, coordinacións,... e tan ou máis importante que as clases directas. É un traballo que leva o seu tempo e o seu esforzo, fóra do horario lectivo.

No caso das mestras de AL, esta parte do noso traballo é importantísima, para poder intervir con éxito en cada caso. As TIC e o mundo en rede axudan moito. Pero necesitase tempo , ademáis da gana para entrenarse...e poder probar e poñer en práctica o aprendido na formación.

TADEGa, Diversidade e TICs

Se AGPETAL resultaría unha asociación máis específica de mestres de AL, TADEGa é unha asociación máis aberta, entre a Atención á Diversidade e as TIC, no ensino.

Este 22 de decembro tivemos asamblea TADEGa en Santiago. Esperamos un bo Congreso 2015 con moitas sorpresas e obradoiros . Para atender á diversidade do noso alumnado e para seguir aprendendo, formándonos e entrenándonos!

Ideas, motivacións...só tes que visitar a páxina de TADEGa...

TADEGa

luns, 15 de decembro de 2014

AGPETAL E A ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE

O venres pola tarde e o sábado todo o día reunímonos un grupo de mestras de AL en Coruña, na UNED.

XIV Xornadas AGPETAL (Asociación Galega de Profesorado Especialista en Técnicas de Audición e Linguaxe).

Desta volta o título era "Trastornos do desenvolvemento en Educación Infantil. Estratexias e Técnicas de intervención e conducta".

Comezamos a xuntanza con Fátima García Doval , que estrena asesoría de Orientación da Consellería de Educación. É dicir, que temos un teléfono e un correo ao que acudir en caso de dúbida. Fátima sempre responde no teléfono de Atención á Diversidade: 981-546512.

Fátima lembrounos que os teléfonos de hoxendía non son teléfonos, senon pequenas computadores coas que ademáis podemos realizar chamadas. A tecnoloxía móbil e a Comunicación Aumentativa é moi importante. Reflexionamos sobre os Comunicadores  e as mensaxes que incluir nestes. Empezando pequeniño ainda que pensemos en grande, coa capacidade de ir medrando coma se de unha Biblioteca se tratase. Non hai comunicador perfecto pero temos opcións de facer boas cousas: PictoDroid Lite, PiktoPlus ou In-TIC, segundo necesidades.


venres, 5 de decembro de 2014

CURSO TEL POR RAQUEL AYUDA!

A mesma Raquel Ayuda Pascual (do Grupo Deletrea) citada na entrada anterior, estará en Febreiro en Pontevedra.
Curso sobre o TEL sobre pautas e estratexias de actuación.
Moi boa nova, posto que Raquel Ayuda ademáis de boa profesional é moi boa comunicadora e merece a pena escoitala!



Xa sabemos, a cita é o 7 de Febreiro, no Centro de Estimulación e Aprendizaxe PAUTAS.

A responsable da formación Natalia Portas, no teléfono 986 862992

info@centropautas.com

luns, 1 de decembro de 2014

QUE É O TEL? COMO TRATALO NA ESCOLA ?

As siglas TEL fan referencia a Trastorno Específico da Linguaxe...
No DSM-V, nos Trastornos da Comunicación, non se recolle o termo "específico" quizais polo impacto que a linguaxe ten na vida dun neno ou nena no ámbito escolar.

En Galicia temos unha asociación ATELGA, Asociación TEL Galicia. Entra na páxina e infórmate máis...


                                                          http://www.atelga.es/

Como podemos descubrir a un alumno ou alumna con TEL?

Sospeitamos se...

  • Non está adquirindo ben o desenvolvemento normal da linguaxe.
  • Tarda en comprender e tarda en falar.
  • O seu desenvolvemento da linguaxe sucede con moito esforzo.
  • Non poden secuenciar ben os sonidos...
  • Na sintaxe...cambia o rótulo das palabras!E ás veces a secuencia ou a orde.
  • Os seus problemas de linguaxe acarrean problemas de relación e de comportamento social.
  • Limitado na expresión e tamén na compresión.
  • Os problemas de linguaxe reflicten conductas inadecuadas, problemas de comunicación , frustración e enfado.
  • Peculiaridades atencionales curriculares.
  • Moitos problemas de evocación e recuperación das palabras.
  • Memoria de traballo tocada, limitada.
O noso sistema educativo e demasiado verbal! Ollo co que estamos pedindo en cada momento!
Ollo cos problemas de discriminación auditiva e as representacións fonolóxicas inadecuadas.

CÓMO FACEMOS ANTE UN TEL?


MIRAME CUANDO TE HABLO

Isto si que pode resultar do máis interesante...unha serie onde xordos e ointes comparten momentos...
Unha achega dunha das miñas madriñas tadeguianas, María Blanco (Teño varias madriñas tadeguianas e algún padriño, que saben o que me gusta e co que disfruto...).

Esta serie...é moi curiosa! Signan e falan, moita linguaxe visual, humor, situacións...e tamén moitas ideas...



Personaxes moi diferentes.Jaime, Sonia, Luis e Miguel comparten piso...

MIRA O QUE DIGO III

Imos un pasiño máis alá...e xa que estamos en decembro e temos que traballar arredor da Constitución, entendendo cales son as Comunidades Autónomas...Anjara Valle, por favor...




Ademais das Comunidades Autónomas, andamos a voltas cos verbos. Poida que isto axude algo...



Que queremos os verbos e a frase en inglés... pois lembramos a clave de cores e imos facendo tarxetiñas.
Comezamos co verbo to be e as frases básicas sociais.

Necesitamos tarxetiñas amarelas para persoas e para pronomes. Distinguimos He e She cos signos de masculino (home) e feminino (muller).
Verbos en verde.
Comezamos co presente e coa 3ª persoa singular, e logo 1ª persoa.
Veremos como resulta máis doado do que parece!
Os signos axudan pero...o importante é a estructura! Que manipule, que practique...para consolidar estructuras e ir montando frases.

VERBALIZA, PON PALABRAS!

Baño de linguaxe! Se queremos estimular a linguaxe, unha das mellores estratexias e interaccionar co neno ou nena verbalizando
1. O que imos facer inmediatamente
2. O que facemos no mesmo momento
3. O que fixemos

Acompañar con palabras, poñer palabras. Iso axuda moito á planificación, ao pensamento e ata a expresión!

Proba a radialo, a poñer palabras á actividade que se comparte. Linguaxe, Pensamento e Expresión van da man.

Non deixemos de verbalizar!