de Unha misión para Clara:
Lucy in the sky with diamonds, The Beatles.
A tradicional "Sete cuncas", que Clara canta coma un rap.
O primeiro rap en chegar ao correo foi o de Lois.
Atención, porque imos a escoitar ese rap incluído na lectura.
Deixo o enlace que vos leva á escoita!
3. Clara non quere ser unha abesullona
Que significa abesullona?
Abesullona é unha palabra adxectivo. Ás veces, procurando o significado dunha palabra debemos recurrir ao verbo, e facer unha segunda procura.
Por que Clara non quería ser unha abesullona?
Que significa osmar?
Cos significados aprendidos, explica por escrito a situación da maleta e o título do capítulo.
Que trae o dicionario da RAG sobre o xustillo?
Define o que é e procura unha imaxe ou debuxo.
PROPOSTA 2:
Que conta Clara sobre Lucy, a femia Australopithecus? Lucy é......
Explica ben por escrito. Redacta e revisa.
PROPOSTA 3:
Cantos servizos ten que poñer Clara na mesa?
Cantos son na familia? Que sabes de Clara e da súa familia. Escribe un texto: Clara e a súa familia.
Xa vedes que as propostas de hoxe para comprender ben a lectura consisten en:
- Práctica de dicionario RAG.
- Procura de información e imaxe.
- Escribir, organizando e ordenando a información.
- Revisar o escrito.
Obxectivo: aprender a procesar a información e a comunicar o aprendido de xeito eficaz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario