Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta Linguaxe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Linguaxe. Amosar todas as publicacións

luns, 15 de decembro de 2014

AGPETAL E A ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE

O venres pola tarde e o sábado todo o día reunímonos un grupo de mestras de AL en Coruña, na UNED.

XIV Xornadas AGPETAL (Asociación Galega de Profesorado Especialista en Técnicas de Audición e Linguaxe).

Desta volta o título era "Trastornos do desenvolvemento en Educación Infantil. Estratexias e Técnicas de intervención e conducta".

Comezamos a xuntanza con Fátima García Doval , que estrena asesoría de Orientación da Consellería de Educación. É dicir, que temos un teléfono e un correo ao que acudir en caso de dúbida. Fátima sempre responde no teléfono de Atención á Diversidade: 981-546512.

Fátima lembrounos que os teléfonos de hoxendía non son teléfonos, senon pequenas computadores coas que ademáis podemos realizar chamadas. A tecnoloxía móbil e a Comunicación Aumentativa é moi importante. Reflexionamos sobre os Comunicadores  e as mensaxes que incluir nestes. Empezando pequeniño ainda que pensemos en grande, coa capacidade de ir medrando coma se de unha Biblioteca se tratase. Non hai comunicador perfecto pero temos opcións de facer boas cousas: PictoDroid Lite, PiktoPlus ou In-TIC, segundo necesidades.


luns, 1 de decembro de 2014

QUE É O TEL? COMO TRATALO NA ESCOLA ?

As siglas TEL fan referencia a Trastorno Específico da Linguaxe...
No DSM-V, nos Trastornos da Comunicación, non se recolle o termo "específico" quizais polo impacto que a linguaxe ten na vida dun neno ou nena no ámbito escolar.

En Galicia temos unha asociación ATELGA, Asociación TEL Galicia. Entra na páxina e infórmate máis...


                                                          http://www.atelga.es/

Como podemos descubrir a un alumno ou alumna con TEL?

Sospeitamos se...

  • Non está adquirindo ben o desenvolvemento normal da linguaxe.
  • Tarda en comprender e tarda en falar.
  • O seu desenvolvemento da linguaxe sucede con moito esforzo.
  • Non poden secuenciar ben os sonidos...
  • Na sintaxe...cambia o rótulo das palabras!E ás veces a secuencia ou a orde.
  • Os seus problemas de linguaxe acarrean problemas de relación e de comportamento social.
  • Limitado na expresión e tamén na compresión.
  • Os problemas de linguaxe reflicten conductas inadecuadas, problemas de comunicación , frustración e enfado.
  • Peculiaridades atencionales curriculares.
  • Moitos problemas de evocación e recuperación das palabras.
  • Memoria de traballo tocada, limitada.
O noso sistema educativo e demasiado verbal! Ollo co que estamos pedindo en cada momento!
Ollo cos problemas de discriminación auditiva e as representacións fonolóxicas inadecuadas.

CÓMO FACEMOS ANTE UN TEL?


VERBALIZA, PON PALABRAS!

Baño de linguaxe! Se queremos estimular a linguaxe, unha das mellores estratexias e interaccionar co neno ou nena verbalizando
1. O que imos facer inmediatamente
2. O que facemos no mesmo momento
3. O que fixemos

Acompañar con palabras, poñer palabras. Iso axuda moito á planificación, ao pensamento e ata a expresión!

Proba a radialo, a poñer palabras á actividade que se comparte. Linguaxe, Pensamento e Expresión van da man.

Non deixemos de verbalizar!

luns, 17 de novembro de 2014

XORNADAS QUE PODEN RESULTAR INTERESANTES...

AGPETAL e TADEGa unifican esforzos para ofrecernos unhas interesantes xornadas. O tema é os nenos e nenas non verbales, na etapa de Infantil. Cómo intervir? Que estratexias empregar? Comunicación aumentativa? Tecnoloxías? Cómo facemos?
A cita é o 12 e 13 de decembro, na UNED, en Coruña. Non só para os mestres e mestras especialistas de AL, pode ser interesante para titores ou titoras preocupados por algún alumno ou alumna que non só non fala, senon que non se comunica.