Non hai moito publicouse o libro Ferreñas & Rock and Roll. Retratos de músicas galegas da man de Laura Romero. Texto de Iria Pedreira. Baía Edicións. (Novembro 2019).
Este libro xurde a partir do Proxecto Músicas Galegas Ilustradas creado no 2017 coa pretensión de visualizar o papel das mulleres no panorama musical galego actual.
Logo de Músicas Galegas Ilustradas por Laura Romero.
Retrato de Josefa de Bastabales.
Enlace á páxina oficial de Músicas Galegas Ilustradas
O libro comeza con...MARÍA DOVAL!Tanxendo polo mundo.
Non sabemos con exactitude cando naceu María Rosa Doval. Sabemos que viviu no século XIX.
Era de Pontevedra. Unha muller aberta ao mundo e afanada en partillar a súa música alá por onde fose. Partía cada ano desde Pontevedra acompañada da súa neta e da súa inseparable zanfoña do século XVI. Ía tanxendo o seu instrumento por toda Europa. Ía máis alá dos Pirineos, por Francia, Suiza ou Italia, entre outros países. María Doval e a súa neta percorrían o continente durante todo o ano para regresar a Pontevedra á beira do Nadal.
Era cega! Mais iso non lle impedía, nunha época que non había nin coches nin boas vías como agora, percorrer mundo partillando o son que facía saír da súa antiga zanfoña.
A ZANFOÑA
A zanfoña é un instrumento de corda. Semella un violín mecánico. Tócase facendo dar voltas a unha manivela. A manivela, ao moverse fai xirar unha roda que está no interior. A roda roza as cordas e así se produce o son.
A zanfoña de María Doval tiña trescentos anos, pois ela viviu no século XIX mentres a zanfoña era do século XVI.
Que queredes ver e escoitar como sona a zanfoña?
Imos poñer a Anxo Pintos...
Ningún comentario:
Publicar un comentario