Páxinas

martes, 31 de marzo de 2020

QUEN FOI ÁUREA RODRÍGUEZ?

ÁUREA RODRÍGUEZ, a raiña da gaita!
A primeira gaiteira e manager galega.

 Ilustración feita por Laura Romero. Libro Ferreñas e Rock&Roll. Baía E.


Ilustración feita por Nuria Díaz. Libro Pioneiras. Xerais.



Proposta:
1. Fíxate no texto que segue na pestana de "Ler máis".
2. Le e estudao ben.
3. Ponlle voz. Grava o audio. Cita as fontes.
4. Envia o audio a ermiclase@gmail.com


ÁUREA RODRÍGUEZ, a raiña da gaita!
A primeira gaiteira e manager galega.


Áurea Rodríguez naceu no 1897 en Muntián, pequena aldea do concello ourensán de Cartelle.

Era filla de xente labrega. Tivo cinco irmáns: Castor, Felisindo, Manuel, Eliseo José e Benigno. Fíxose cargo deles, posto que os pais morreron.

Desde sempre sentiu paixón polo son da gaita.
Aos dez anos xa sabía tocar. 
Con trece anos formou cos seus irmáns
o grupo Os Maravillas de Cartelle
Castor- requinto
Manuel- tambor
Eliseo José- bombo
Felisindo e Áurea- gaitas


 Foto do grupo Os Maravillas de Cartelle que aparece na Wikipedia

O grupo percorreu festas e romarías de toda Galicia para gañar a vida.

Áurea era gaiteira e lider do grupo. Ela tiña carisma e forte personalidade.

O éxito do grupo traspasou as fronteiras galegas e actuou tamén en Madrid.

No 1930, con Castor e Benigno,
forma un novo grupo: Os Menores.

Decide emigrar a América co novo grupo.
Viviu en Arxentina e Venezuela.
Nunca abandoou a música!



Fontes consultadas para o texto:
Iria Pedreira, no libro Ferreñas e Rock&Roll. Baía E.
Anaír Rodríguez, no libro Pioneiras. Xerais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario