Páxinas

xoves, 19 de marzo de 2020

A IMPORTANCIA DE ESCOITAR E ESCOITAR(SE)

Recalco sempre a importancia do Oído para as aprendizaxes, para as Linguas, para ler e para escribir.


O Oído é unha vía moi directa para percibir información.
O Oído é o primeiro sentido que desenvolvemos, incluso antes de nacer...
E temos dous oídos!  Daquela será importante escoitar, non si?
A miña profesión é mestra de AL (A de Audición, que vai antes de L de Linguaxes). Por iso insisto tanto na ESCOITA! A Escoita Activa é o comezo para un desenvolvemento exitoso da competencia lingüística e ,polo tanto , das aprendizaxes escolares e tamén sociais... A Linguaxe oral é o medio máis habitual de comunicación...e comeza polo oído, pola escoita.

Na entrada anterior a esta temos o enlace para Escoitar Radio Picariña...Pois sabemos que a música é a Linguaxe máis directa, a que mellor e máis rápido nos entra no corpo...
Logo... A letra con música entra... 
Radio Picariña, unha boa escolla para comezar a traballar a Escoita sen pantalla.
En Galego? Sí, en Galego. É necesario e urxente! Se queremos mellorar a fala e a escrita en Galego non podemos facelo se non escoitamos galego.

DA IMPORTANCIA DE ESCOITARSE!

Ademáis de escoitar como fan os que o fan ben, tamén é preciso ESCOITARSE para mellorar a nosa Linguaxe e as nosas Linguas.

Explícome... Na Primaria, e máis nestes días de traballo telemático, moitas veces nos enfrentamos a actividades-reto que requiren dun proceso consciente para facelo ben. 

É dicir, as mestras propoñemos actividades de compartir desde a casa un conto ou unha lectura, unha explicación ou mesmo un poema...Ben, eses productos finais que van a ser publicados e compartidos van dirixidos a un "público". Daquela hai que esmerarse e preparalo ben ben antes de gravar o video final.

PROPOSTA DE GRAVARSE

Calquera dispositivo móbil ou tableta ten para gravar audio. A miña recomendación é gravarse en audio e logo escoitarse. Gravarse lendo
Logo, na escoita temos en conta se se entende ben e que cousiñas podemos ir mellorando en próximas gravacións. Non temos présa e temos tempo. Imos amodiño para facer algo bo que ofrecer ao público.
Gravarse varias veces e escoitarse moito. Comparar as gravacións. Procurar melloras. Poñerse no lugar de quen o vai a escoitar e esixir calidade. Non conformarse con facelo, senón con facelo realmente ben. Unha vez o resultado é bo, daquela xa imos pensando no video... Será máis doado porque o texto xa está metido no noso cerebro e sae todo mellor.
Práctica, práctica,práctica...Gravarse, escoitarse e ir mellorando aspectos!



Ningún comentario:

Publicar un comentario