Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta Comunicacion Aumentativa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Comunicacion Aumentativa. Amosar todas as publicacións

luns, 30 de marzo de 2020

INGREDIENTES.PURÉ DE VERDURAS.


A nai de Clara prepara un puré moi san.
A Clara non lle gusta a cenoria.
Coñeces os nomes dos ingredientes?






 Sabias que con Google Slides podes facer boas presentacións? Este tipo de presentacións poden resultar moi útiles para repasar vocabulario.

Os pictogramas podemos procuralos en ARASAAC.


Centro aragonés de Comunicación Aumentativa e Alternativa

mércores, 1 de abril de 2015

LSE FÁCIL. MÁIS VIDEOS PARA APRENDER O BÁSICO.

Porque o importante é...COMUNICARSE!

Igual que Anjara Valle, LSE fácil ten uns videos titoriais de LSE fácil interesantes. Pois antes de signar o verbo, por exemplo, aparece a palabra escrita e o audio, logo o signo.

Os verbos son importantes para os significados e para poder facer frases. Por iso propoño este video de verbos dos máis habituais...




Fácil,non si?

LSE fai a súa presentación do curso de LSE deste xeito:

Video de Presentación LSE fácil...de Fernando Díaz, o que aparece en pantalla!




Pois...querer é poder! Seguimos?!

Imos agora con adxetivos, palabras azuis para poder facer descricións.




Enlace á páxina LSEfácil. Usefedora




luns, 30 de marzo de 2015

ADAPTACIÓNS DE ACCESO AO CURRÍCULO

En qué consiste? Que é unha adaptación de acceso?

ACCESO= ENTRADA ou PASO.

Pois...Existen casos de alumnado que por  limitacións sensorias na vista e/ou no oído (xusto as canles máis importantes de entrada de información)  presentan desfase curricular porque non poden acceder ao currículo. Necesitan  adaptacións para facilitar o acceso ao currículo. Non se trataría de una adaptación do currículo a niveles máis baixos. Se non facilitamos o acceso non solucionamos nada!

As adaptacións de acceso son previas e prioritarias ás adaptacións propiamente curriculares.
E por que teñen dificultades? Cales son as dificultades de acceso?


luns, 15 de decembro de 2014

AGPETAL E A ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE

O venres pola tarde e o sábado todo o día reunímonos un grupo de mestras de AL en Coruña, na UNED.

XIV Xornadas AGPETAL (Asociación Galega de Profesorado Especialista en Técnicas de Audición e Linguaxe).

Desta volta o título era "Trastornos do desenvolvemento en Educación Infantil. Estratexias e Técnicas de intervención e conducta".

Comezamos a xuntanza con Fátima García Doval , que estrena asesoría de Orientación da Consellería de Educación. É dicir, que temos un teléfono e un correo ao que acudir en caso de dúbida. Fátima sempre responde no teléfono de Atención á Diversidade: 981-546512.

Fátima lembrounos que os teléfonos de hoxendía non son teléfonos, senon pequenas computadores coas que ademáis podemos realizar chamadas. A tecnoloxía móbil e a Comunicación Aumentativa é moi importante. Reflexionamos sobre os Comunicadores  e as mensaxes que incluir nestes. Empezando pequeniño ainda que pensemos en grande, coa capacidade de ir medrando coma se de unha Biblioteca se tratase. Non hai comunicador perfecto pero temos opcións de facer boas cousas: PictoDroid Lite, PiktoPlus ou In-TIC, segundo necesidades.


venres, 7 de novembro de 2014

VALE, TEMOS OS PICTOS...POR ONDE EMPEZAMOS?

Sigo dicindo "depende"! Depende dos obxectivos que persigamos. O importante é ter uns obxectivos moi claros en todo momento. Non vale calquera picto e de calquera xeito!

Que queres? Que necesitas? Diso que queres ou que precisas hai algo xa feito? Mira primeiro se hai algo feito do que procuras!
Moita xente comparte materiais con licenza CC, Creative Commons
Busca, que pode pasar?

  • A. Que o atopas, parabéns! Solucionado!.
  • B.Que atopas algo que podería axeitarse pero non de todo. Pois, o mellor é poñerse en contacto ca persoa autora dese material para, con respecto, pedirlle os orixinais. Cóntalle que queres facer e non haberá problema. Logo estaría ben que lle remitises as modificacións e lle contaras se resultou ben.
  • C. Que non atopes nada axeitado ao que precises. É raro pero pode pasar. Nese caso habería que pensar en crealo...
En caso de ter que crealo...
  1. Seleccionamos ben a materia prima ( os pictogramas ou signos que imos precisar)
  2. Unha vez que temos un xeitoso banco de pictos e signos, empregámolos da mellor das formas para que sexan rentables.
Que queremos traballar? Insisto no obxectivo!

Por exemplo, a idea é facer un VOCABULARIO base co que poder traballar a estructura da frase. Entón escollemos o vocabulario co que imos traballar. Ollo, non só substantivos, temos que elixir tamén verbos, adxectivos,...para logo poder desenvolver as relacións que existen entre uns términos e outros, entre unhas palabras e outras. Refírome á construción de frases con ese vocabulario de estudio.

Como fago eu?

Segundo o tema, por exemplo de sociais ou naturais...busco as palabras clave, as máis importantes, estudo que verbos e que adxectivos vou a precisar.

Emprego a clave de cores!

mércores, 5 de novembro de 2014

COMUNICACIÓN AUMENTATIVA. ONDE BUSCAMOS?


Pois...tres fontes importantes para pararse...

A páxina de TADEGa


Na Galería Multimedia temos de todo e de xeito lícito:
 


A páxina de DIVERTIC


E o Portal aragonés do ARASAAC



Depende do que busquemos, do que necesitemos. Aquí temos moitas opcións.

Se non hai pictograma ou signo que se nos axeite ao que buscamos, podémolo crear...ou...sempre quedará a cámara e o obxecto ou contexto real.

Depende, de que depende? De según como se mire e como se escoite, así se comprende!...


As imaxes que poño enriba de cada enlace fíxenas coa ferramenta Recortes, no botón de inicio do Windows 7. Ben manexadas esas tesoiras poden resolvernos moito á hora de que nos urxa facer un manual ou....o que queiramos, sempre con respecto. Son dos poucos recortes que poden ser útiles!