Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta Pictogramas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pictogramas. Amosar todas as publicacións

luns, 30 de marzo de 2020

INGREDIENTES.PURÉ DE VERDURAS.


A nai de Clara prepara un puré moi san.
A Clara non lle gusta a cenoria.
Coñeces os nomes dos ingredientes?






 Sabias que con Google Slides podes facer boas presentacións? Este tipo de presentacións poden resultar moi útiles para repasar vocabulario.

Os pictogramas podemos procuralos en ARASAAC.


Centro aragonés de Comunicación Aumentativa e Alternativa

martes, 6 de xaneiro de 2015

ESCOITA E APRENDE COS LIBRO-DISCOS!

Xa dixemos que é moi necesario traballar a ESCOITA e tamén os libros cos máis pequenos.
O formato libro-disco está de moda, é atractivo e da moitísimo xogo! Para traballar a ESCOITA, A LÍNGUA e tamén a PRELECTURA ou A  LECTURA.

Desde bebés, cos seus sons e onomatopeias

Gatuxo, Gatuxa, de Magín Blanco. Ilustracións de Erica Maradona

Para Mirar, escoitar e..cantar!


Outros libros -disco:

Pan de Millo. Migallas.Kalandraka. Ilustracións de Dani Padrón.

Brinca vai!Paco Nogueiras. Kalandraka. Ilustracións de David Pintor.


Colección Sonárbore. Galaxia.
Os de María FumaÇa

 ou de Mamá Cabra.

e moitísimos máis  libros-disco


SonárboreTV é o novo canal de Youtube da editorial Galaxia, que presenta algúns audios da Colección Sonárbore. 17 vídeos para nenos e nenas, ademáis da versión Karaoke ou subtitulada na maioría deles.

Como "traballamos" cos libros-disco?

Pois de moitas diversas maneiras!. A base da aprendizaxe e da lectura é a interacción. Isto facilita moito que as familias se senten cos pequenos  e pequenas
  • comenten as ilustracións.
  •  escoiten as cancións e vexan a letra ao mesmo tempo.
  •  que falen das cancións. 
  • que relacionen cancións con ilustracións, 
  • que lean e que canten xuntos.

Logo, sen libro diante,o  exercicio de escoita xa é máis doado.

Na clase, exercicios con libro-disco, xa son un pouco máis específicos.
Xa non se trataría só de escoitar, senon de reflexionar sobre o que se escoita.
Xogar coas rimas, co vocabulario, coas palabras e partes de palabras nas que precisemos centrarnos.

Serían, por exemplo exercicios de Listening, completar ocos onde faltan palabras previamente seleccionadas que terán que escoitar e escribir. Logo pódese buscar a letra completa no libro e correxir.Tamén podemos xogar a cambiar as letras e buscar outras rimas, ...depende dos obxectivos que persigamos nese momento.

Ademáis, ao contar co DVD Karaoke...ainda da máis xogo! Seguir a lectura no video.

Con pictogramas, encántame a idea! Poderiamos pictografiar ou ilustrar as letras de xeito máis visual.
Un exemplo desde SonárboreTV



Video incluído no libro XIQUI XOQUE FIÚ FIÚ! María Fumaça. Editorial Galaxia 2014
Realización dos debuxos: Paxi Da Silva.

venres, 7 de novembro de 2014

VALE, TEMOS OS PICTOS...POR ONDE EMPEZAMOS?

Sigo dicindo "depende"! Depende dos obxectivos que persigamos. O importante é ter uns obxectivos moi claros en todo momento. Non vale calquera picto e de calquera xeito!

Que queres? Que necesitas? Diso que queres ou que precisas hai algo xa feito? Mira primeiro se hai algo feito do que procuras!
Moita xente comparte materiais con licenza CC, Creative Commons
Busca, que pode pasar?

  • A. Que o atopas, parabéns! Solucionado!.
  • B.Que atopas algo que podería axeitarse pero non de todo. Pois, o mellor é poñerse en contacto ca persoa autora dese material para, con respecto, pedirlle os orixinais. Cóntalle que queres facer e non haberá problema. Logo estaría ben que lle remitises as modificacións e lle contaras se resultou ben.
  • C. Que non atopes nada axeitado ao que precises. É raro pero pode pasar. Nese caso habería que pensar en crealo...
En caso de ter que crealo...
  1. Seleccionamos ben a materia prima ( os pictogramas ou signos que imos precisar)
  2. Unha vez que temos un xeitoso banco de pictos e signos, empregámolos da mellor das formas para que sexan rentables.
Que queremos traballar? Insisto no obxectivo!

Por exemplo, a idea é facer un VOCABULARIO base co que poder traballar a estructura da frase. Entón escollemos o vocabulario co que imos traballar. Ollo, non só substantivos, temos que elixir tamén verbos, adxectivos,...para logo poder desenvolver as relacións que existen entre uns términos e outros, entre unhas palabras e outras. Refírome á construción de frases con ese vocabulario de estudio.

Como fago eu?

Segundo o tema, por exemplo de sociais ou naturais...busco as palabras clave, as máis importantes, estudo que verbos e que adxectivos vou a precisar.

Emprego a clave de cores!

mércores, 5 de novembro de 2014

COMUNICACIÓN AUMENTATIVA. ONDE BUSCAMOS?


Pois...tres fontes importantes para pararse...

A páxina de TADEGa


Na Galería Multimedia temos de todo e de xeito lícito:
 


A páxina de DIVERTIC


E o Portal aragonés do ARASAAC



Depende do que busquemos, do que necesitemos. Aquí temos moitas opcións.

Se non hai pictograma ou signo que se nos axeite ao que buscamos, podémolo crear...ou...sempre quedará a cámara e o obxecto ou contexto real.

Depende, de que depende? De según como se mire e como se escoite, así se comprende!...


As imaxes que poño enriba de cada enlace fíxenas coa ferramenta Recortes, no botón de inicio do Windows 7. Ben manexadas esas tesoiras poden resolvernos moito á hora de que nos urxa facer un manual ou....o que queiramos, sempre con respecto. Son dos poucos recortes que poden ser útiles!