Páxinas

venres, 7 de novembro de 2014

VALE, TEMOS OS PICTOS...POR ONDE EMPEZAMOS?

Sigo dicindo "depende"! Depende dos obxectivos que persigamos. O importante é ter uns obxectivos moi claros en todo momento. Non vale calquera picto e de calquera xeito!

Que queres? Que necesitas? Diso que queres ou que precisas hai algo xa feito? Mira primeiro se hai algo feito do que procuras!
Moita xente comparte materiais con licenza CC, Creative Commons
Busca, que pode pasar?

  • A. Que o atopas, parabéns! Solucionado!.
  • B.Que atopas algo que podería axeitarse pero non de todo. Pois, o mellor é poñerse en contacto ca persoa autora dese material para, con respecto, pedirlle os orixinais. Cóntalle que queres facer e non haberá problema. Logo estaría ben que lle remitises as modificacións e lle contaras se resultou ben.
  • C. Que non atopes nada axeitado ao que precises. É raro pero pode pasar. Nese caso habería que pensar en crealo...
En caso de ter que crealo...
  1. Seleccionamos ben a materia prima ( os pictogramas ou signos que imos precisar)
  2. Unha vez que temos un xeitoso banco de pictos e signos, empregámolos da mellor das formas para que sexan rentables.
Que queremos traballar? Insisto no obxectivo!

Por exemplo, a idea é facer un VOCABULARIO base co que poder traballar a estructura da frase. Entón escollemos o vocabulario co que imos traballar. Ollo, non só substantivos, temos que elixir tamén verbos, adxectivos,...para logo poder desenvolver as relacións que existen entre uns términos e outros, entre unhas palabras e outras. Refírome á construción de frases con ese vocabulario de estudio.

Como fago eu?

Segundo o tema, por exemplo de sociais ou naturais...busco as palabras clave, as máis importantes, estudo que verbos e que adxectivos vou a precisar.

Emprego a clave de cores!

PERSOAS OU SUXEITOS -amarelos
VERBOS- verdes
NOMES-laranxas
ADXECTIVOS- azuis

Con isto teño máis que suficiente para traballar a estructura da frase simple.
O que máis me importan son os verbos, e a conxugación de estos.

O verbo varía nas súas formas, pero...o verbo é o rei da oración. Non hai oración sen verbo. Por iso é importante! Ainda que comecemos a traballalos primeiro en 3ª persoa singular e plural e logo na 1ª persoa.

Por cales verbos comezamos?

Que verbos son importantes na escola?  Os dos enunciados dos exercicios.

LEER, COPIAR, ESCRIBIR, ARRODEAR,...

Exemplo de tarxetas verdes, de verbos, co debuxo do Bimodal, glosa en maiúscula e en minuscula. Verbo en infinitivo. 

Os suxeitos, as tarxetas amarelas...podemos empezar polos compañeiros e compañeiras da clase , mestres e persoas que forman a vida diaria do usuario.

Foto de cada unha das persoas sobre fondo blanco e nome. Máis tarde podemos facer as tarxetas só co nome.

Só con tarxetas amarelas e verdes podemos facer moitísimas frases sinxelas e con moitísimo significado,moi útiles.
Logo, a medida que se vai avanzando na estructura da frase, pódense facer vocabularios específicos para traballar os temas de Naturales e Sociales, un conto clásico,...

Sigo dicindo, a clave está nos obxectivos claros que perseguimos. Primeiro os obxectivos e logo a procura dos recursos que nos axuden a acadar  os obxectivos. Buscamos empezando polo que temos máis ao alcance. Adaptámolo, transformámolo e personalizamolo para o usuario final.

Linguaxe de señas, Bimodal, pictogramas, palabra escrita....depende dos obxectivos e do usuario final.


Ningún comentario:

Publicar un comentario