Encántame os libros informativos, as novelas, os álbumes ilustrados, os " pop up", os contos, os libros de poesía...PERO moitas das veces detesto o libro de texto e máis ainda o libro de texto como única opción nas aulas e o tratamento ríxido de "ir polo libro"!
Os libros de texto están feitos en xeral, para unha maioría. E están feitos por persoas...imperfectas! A poucos nenos e nenas lles gustan os seus libros de texto, son os menos os que se sinten cómodos co eles. Para moitos, este elemento constitue unha verdadeira tortura diaria. Para as familias...o libro..."haino que facer, para iso se gastaron os cartos".
En dúas dimensións, diseñados para un alumno medio que non existe, e con un linguaxe elaborado que non se corresponde co que se di, se fai e se le na casa. "Observa a ilustración, marca e completa as seguintes afirmacións" En fin,...Ao final, faise, coma se foran churros, mirando polo veciño, sen leer e sen pensar e completando ocos por intuición...
E que dicir dos libros de Lingua...Que barbaridade! Lecturas sen fin e exercicios absurdos que confunden máis que aclaran,...exemplos abstractos e irreais...
Parémonos, preguntemos a opinión aos implicados...
Que che gustaría que tivera o teu libro de texto? O alumnado responde, que teña texto claro, imaxes, debuxos, animacións, videos, audios, xogos,...
Atentos profes e "profas"...non será mellor facer nós os libros "de texto", contando co propio alumnado como protagonistas do constructo?
Hoxendía existen recursos e ferramentas para concretar obxectivos e aprendizaxes e establecer nexos coa realidade, coa vida diaria de cada un das diversas persoas para as que traballamos.
Traballando por Proxectos e empregando unha plataforma virtual pódense acadar obxectivos e aprendizaxes máis significativos que dificilmente poden ofrecer os libros de texto.
Igual me refiro aos libros dixitais...Ollo cos libros dixitais, o que se entenda por iso e o uso que destes se faga!
Mellor empregar...os libros da Biblioteca!
"Fin de la cita" Ermi dixit.
Ningún comentario:
Publicar un comentario