O propio Antonio Najarro, director do Ballet Nacional de España explica neste video como xurdiu o Espectáculo Sorolla, inspirado na colección "Visión de España" do pintor Joaquín Sorolla, encargo da Hispanic Society de New York no ano 1911.
Logo do gran éxito do Espectáculo e o chamativo vestiario xurdiron novas propostas...
¡SIENTE EL VESTUARIO! Desfile do chamativo vestiario que fusiona os traxes rexionais, coa danza e coas coloridas pinceladas que marcan o estilo do pintor Joaquín Sorolla.
BAILANDO A SOROLLA. Trátase de Fotografía artística do fotógrafo David Palacín. Os bailaríns posando. A Exposición das fotografías...no Museo Sorolla.
Na páxina do Ballet Nacional de España temos moita información, dossier explicativo do Espectáculo, entrevistas a Antonio Najarro, videos, galería de fotos...
Páxina do Ballet Nacional de España
Para descargar o dossier Sorolla.pdf
Para descargar o dossier Sorolla.pdf
Toda a información: os títulos dos 14 cadros de Sorolla , o espectáculo, vestiario,coreografía, escenografía, músicos (entre eles o falecido recentemente Paco de Lucía),...
Cando comezamos a traballar o ano pasado, encontramos moitos problemas para entrar na páxina ou nos videos do BNE. Puxémonos en contacto co Ballet, co propio director Antonio Najarro explicando o noso proxecto e pedindo os permisos pertinentes de imaxe. Encantados de colaborar con nós!
Así que...no segundo trimestre toca Sorolla! Proposta: se o curso pasado tivo grande éxito a Mostra Internacional, este ano intentaríamos facer unha Mostra Rexional , unha "Visión de España" acompañada dun desfile "Sinte o vestiario" y un "Bailando a España" en Galdo!
Homenaxe merecido ao BNE e os seus maxestuosos espectáculos.Misturando danza, folclore, arte e culturas. Aprendendo da diversidade!
Ningún comentario:
Publicar un comentario