Páxinas

domingo, 17 de maio de 2020

FACEMOS RADIO?

Facer radio? Como é? 

1.  Escoitar e fixarse como fan profesionais da Radio.
2.  Programa informativo... Documentarse sobre o tema.
3.  Facer preguntas importantes e elaborar respostas.
4.  Guión. Texto informativo para ser escoitado.
5.  Escaleta.Estrutura do Programa.

Gravar os audios co Audacity
 (Nos equipos -Son e vídeo- Audacity.)

Caracola Radio do CEIP Plurilingüe
 San Benito de Lérez:



Se queremos facer un Programa informativo
 Especial Letras Galegas...

Por onde comezamos?
Cales serían os contidos e como irían ordenados? 

1. Documentarse. Procurar a información
 nos recursos da Biblioteca

2. Coa información atopada elaborar unha boa resposta.
Textos. Redactar para informar á audiencia.

Atención! Imos necesitar moi bos textos informativos. Ben redactados! 

 3. Mastigar ben os textos.Ensaios. Lecturas en voz alta.

Xa ensaiado o que se vai a dicir, buscamos un momento con tempo e tranquilidade para gravar os audios! 

Enlace Do texto ao Audio

Enlace  TEXTO E AUDIO nas Ciencias

 

PDI: LETRAS GALEGAS 2020

PDI: Proxecto Documental integrado.

Logo da boa experiencia e aprendizaxes co PDI "Soñando mares transparentes", decidimos traballar do mesmo xeito coas Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero.

1. Documentarse
2. Manexo da información
3. Comunicar o aprendido. Infoproduto.

Antes desta situación actual,fixémonos con unha bibliografía de base:

Libros para documentarse sobre Ricardo Carvalho Calero

Gustounos especialmente as 7 pezas teatrais que propón Héctor Cajaraville.

No terceiro trimestre, desde Biblioteca e Dinamización da Lingua tiñamos pensado traballar moito o Teatro...

Todas as propostas programadas para traballar As Letras, era complicado levalas a cabo desde a casa. Así que, pensamos un plan B e readaptamos  o traballo:

Os recursos están ordenados no blogue da Biblioteca, para ser consultados.

Diseñamos tarefas por niveis: (Maio e Xuño de Letras)

INFANTIL- Coa axuda das familias están traballando para dar a coñecer e valorar o grande tesouro que é a Nosa Lingua.A palabra galega! Vídeos e cartaces.

1º E. PRIMARIA- Póñenlle cara a Carvalho Calero.Son ilustradoras e ilustradores encargados de facer Caricaturas!
As caricaturas servirán para logo incluír en traballos, facer marcapáxinas,... Presentación dixital.

2º E. PRIMARIA -As pitas baixo a choiva.Tomando como referencia o texto de Ricardo Carvalho, xuntan vídeo, pitas  audios coa súa voz e moita creatividade.Vídeo-montaxe.

3º E.PRIMARIA- Reporteiras e reporteiros  Como cho conto! Traballan para axudarnos a corrixir erros e coñecer  normas da escrita en galego.

4º E. PRIMARIA- A Compañía de ópera Estrelas explícanos sobre Teatro e ópera, unha das paixóns de Carvalho Calero.
Podcast.
 
5º e 6º PRIMARIA- Tarefa propia de xornalistas. Logo de documentarse ben, realizan un Programa de Radio informativo: Especial Letras Galegas.

Traballamos a nivel de centro, coa implicación das titorías,  das especialidades,do  alumnado e das familias. 
Así nos gusta traballar!

Que o Galego se sinta, se escoite,se vexa, se lea, se escriba, se cante e se baile!
 
Maio e Xuño coas Letras,
Da Fala e da Escrita, no Santa Rita!

sábado, 16 de maio de 2020

DA FALA E DA ESCRITA, NO SANTA RITA!

Ricardo Carvalho Calero era filólogo, estudoso da Lingua.



Nunha Lingua é preciso distinguir A Fala da Escrita.
Na lingua inglesa podemos distinguir isto máis facilmente.
A escrita  é un modo visual de representar a fala.
Pero non falamos igual que escribimos.
Na escrita hai contido (as ideas que se expresan) e
 hai forma, normas para escribir.

Na escrita traducimos os sons da fala en grafías: letras, sílabas, palabras, frases, parágrafos e textos. Entran en xogo as normas ortográficas, a gramática e a estrutura dos textos.
Non é fácil escribir ben.

Falamos para que podan escoitarnos.
Escribimos para que podan lernos.

E para que podan lernos sen dificultade,
 debemos coñecer e aplicar ben as normas da escrita.

Na historia da Lingua Galega houbo os séculos escuros, moitísimos anos en que a escrita en galego non estaba permitida.

Ricardo Carvalho Calero aportou moitísimo sobre a historia da nosa Lingua, sobre a fala e sobre a escrita.

Que sabemos da normativa da escrita en galego? 
Que idea defendía Carvalho Calero?
 

LINGUA, LITERATURA E LETRAS GALEGAS!

Que celebramos cada 17 de Maio?




Lingua, Literatura e Letras Galegas.

A celebración das Letras comezou con Rosalía de Castro.
Este ano, Letras 2020: Ricardo Carvalho Calero.
Para documentarnos consultamos recursos da Biblioteca
 

TEXTOS E AUDIOS DAS EXPERTAS

Grazas, Sabela, Emma e Blanca 
polos vosos bos textos e audios!

Queda claro: (en frases ben feitas)

    Os pingüíns necesitan frío, xeo e Krill.
   O Krill é unha especie de crustáceo.
   O Krill é o alimento dos pingüíns.
   O xeo derrétese polo cambio climático.
   Cada vez hai menos Krill pola sobrepesca.
   Sen xeo e sen Krill, os pingüíns están en perigo.
   Podemos axudar con educación e non contaminación

xoves, 30 de abril de 2020

HAI QUE PREGUNTAR...A QUEN SABE!

O alumnado de Segundo é experto en 
PINGÜÍNS.

A ver se nos aclaran cun pequeno texto e audio o que queremos saber...

Que necesitan os pingüíns?
Que é o Krill?
Que ocorre co xeo e co Krill?
Como podemos axudarlles?

Texto e audio para aprender Ciencia!

DA INFORMACIÓN AO COÑECEMENTO.PDI

 PDI: Proxecto Documental Integrado

 O PDI é unha forma de traballo que permite transformar a información en coñecemento.
Acción educativa coa Biblioteca

Investigación:
1. Decidir un tema
2. Deseño dun plan . Rexistro do proceso.
  • Que sabemos?
  • Que nos gustaría saber?
  • Onde buscar?
  • Como o imos expresar? Proposta de traballo final .
Por exemplo, na clase de Segundo...Os Pingüíns.

Foto do plan de traballo sobre Os Pingüíns.PDI 2ºPrimaria

A información está na Biblioteca en multiplicidade de documentos. Hai que aprender a traballar coas distintas  informacións.
 Podemos partir dunha Bibliografía temática.


Bibliografía de partida para traballar sobre Os Pingüíns. 2º Primaria

Procesamento da información:
1. Procurar a información.
2. Construír o coñecemento.
3. Comunicar o aprendido nos distintos documentos.

Traballamos Autoaprendizaxe e Tecnoloxía.

Competencias:
  • Saber que información é importante.
  • Ler en distintos soportes,ler distintas informacións.
  • Entender o que lemos
  • Comparar e valorar as fontes consultadas.
  • Argumentar, reflexionar.
  • Ser responsables, estar ben informados.


Visitas e charlas de persoas expertas, documentais...
tamén son recursos moi valiosos.

Enlace ao blogue de Segundo

Enlace ao vídeo coas conclusións