O formato libro-disco está de moda, é atractivo e da moitísimo xogo! Para traballar a ESCOITA, A LÍNGUA e tamén a PRELECTURA ou A LECTURA.
Desde bebés, cos seus sons e onomatopeias
Gatuxo, Gatuxa, de Magín Blanco. Ilustracións de Erica Maradona
Outros libros -disco:
Pan de Millo. Migallas.Kalandraka. Ilustracións de Dani Padrón.
Brinca vai!Paco Nogueiras. Kalandraka. Ilustracións de David Pintor.
Colección Sonárbore. Galaxia.
Os de María FumaÇa
ou de Mamá Cabra.
e moitísimos máis libros-disco
SonárboreTV é o novo canal de Youtube da editorial Galaxia, que presenta algúns audios da Colección Sonárbore. 17 vídeos para nenos e nenas, ademáis da versión Karaoke ou subtitulada na maioría deles.
Como "traballamos" cos libros-disco?
Pois de moitas diversas maneiras!. A base da aprendizaxe e da lectura é a interacción. Isto facilita moito que as familias se senten cos pequenos e pequenas e
- comenten as ilustracións.
- escoiten as cancións e vexan a letra ao mesmo tempo.
- que falen das cancións.
- que relacionen cancións con ilustracións,
- que lean e que canten xuntos.
Logo, sen libro diante,o exercicio de escoita xa é máis doado.
Na clase, exercicios con libro-disco, xa son un pouco máis específicos.
Xa non se trataría só de escoitar, senon de reflexionar sobre o que se escoita.
Xogar coas rimas, co vocabulario, coas palabras e partes de palabras nas que precisemos centrarnos.
Serían, por exemplo exercicios de Listening, completar ocos onde faltan palabras previamente seleccionadas que terán que escoitar e escribir. Logo pódese buscar a letra completa no libro e correxir.Tamén podemos xogar a cambiar as letras e buscar outras rimas, ...depende dos obxectivos que persigamos nese momento.
Ademáis, ao contar co DVD Karaoke...ainda da máis xogo! Seguir a lectura no video.
Con pictogramas, encántame a idea! Poderiamos pictografiar ou ilustrar as letras de xeito máis visual.
Un exemplo desde SonárboreTV
Video incluído no libro XIQUI XOQUE FIÚ FIÚ! María Fumaça. Editorial Galaxia 2014
Realización dos debuxos: Paxi Da Silva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario