Páxinas

luns, 30 de marzo de 2015

ADAPTACIÓNS DE ACCESO AO CURRÍCULO

En qué consiste? Que é unha adaptación de acceso?

ACCESO= ENTRADA ou PASO.

Pois...Existen casos de alumnado que por  limitacións sensorias na vista e/ou no oído (xusto as canles máis importantes de entrada de información)  presentan desfase curricular porque non poden acceder ao currículo. Necesitan  adaptacións para facilitar o acceso ao currículo. Non se trataría de una adaptación do currículo a niveles máis baixos. Se non facilitamos o acceso non solucionamos nada!

As adaptacións de acceso son previas e prioritarias ás adaptacións propiamente curriculares.
E por que teñen dificultades? Cales son as dificultades de acceso?


Xa dixemos noutras ocasións que o sistema educativo é demasiado verbal. Moita información dase de xeito oral. As persoas que non escoitan ou non escoitan ben, pérdense toda esa información. Sen apoios visuais resíntese a comprensión da demanda e do contido. Como a información non entra, tampouco se procesa e ,daquela, non se pode expresar resposta...nin oral nin por escrito, claro!
É cuestión prioritaria e deber dos docentes facer posible a entrada de informacións.

COMUNICACIÓN E METODOLOXÍA, son as claves.
Sen comunicación non é posible o currículo! Aseguremos a comunicación e a inclusión social primeiro. Non só na aula, tamén a nivel centro.
É moi importante o xeito de presentarlle a información. Os canles!
Narrar para a cega e debuxar para a xorda!

O apartado máis importante para adaptar é a METODOLOXÍA. Describir detalladamente CÓMO imos a asegurar o acceso á vida escolar e ás aprendizaxes.

COMUNICACIÓN AUMENTATIVA E ALTERNATIVA. Incrementar as súas interacións comunicativas en cantidade e sobre todo en calidade. 
Comprender e facerse entender dentro do seu contexto é un obxectivo prioritario. 

É penoso ver como ,en moitos casos, docentes e até Inspectoras de Educación  non recoñezan a existencia e importancia de tipo de Adaptacións e se obstinen rigurosamente a Adaptacións curriculares segundo a Orde do 6 de outubro do...1995!

Adaptación curricular sen adaptación previa de acceso? Non ten sentido!

Sei de titoras moi implicadas que axustan as súas metodoloxías de aula, buscan, estudan e fan boísimas adaptacións reais e útiles. Sei dalgunha inspectora que tira abaixo todo ese traballo por non entendelo e , por riba, esixe unha desas Adaptacións curriculares "paripé" por asignaturas, das que siguen medindo o académico e o  curricular, as mesmas que aseguran o suspenso e a non promoción.

Criterios como o grupo de referencia, o entrenamento en Comunicación Aumentativa e alternativa, a Competencia Lingüística non son valorados, nin respetados.
Que obsesión cos contidos curriculares e a non promoción deste alumnado. Que se teme? Que titulen?
Que titulen sen saber o que é "a sílaba tónica"? Vaia...!
Ás veces non as pensamos!

1 comentario: