Biografía (bio-vida, grafía-escrita, rexistrada).
Cando escribimos unha biografía contamos o máis importante da vida de alguén.
Como escribimos unha biografía?
Como escribimos a biografía de Ricardo Carvalho Calero?
1. Documentámonos. Lemos moito sobre esa persoa.
Informámonos! Lectura comprensiva.
(Temos os recursos ordenados no blogue da Biblioteca).
2. Datos importantes. Rexistramos os datos relevantes.
- Nome e apelidos. Identidade
- Data e lugar de nacemento
- Infancia
- Estudos
- Profesións
- Feitos destacados
- Que fixo por Galicia, pola Cultura e pola Lingua?
- Que escribiu?
- Data e lugar de falecemento
Empregamos a orde cronolóxica.
Redactamos ben cada parágrafo.
Temos en conta as posibles persoas lectoras/oíntes
para informar ben.
4. Corrixir o escrito. Lemos e relemos.
- Está ben redactado? Enténdese ben?
- Contén erros ortográficos? Consulto dúbidas.
Carvalho Calero, Ricardo
(Ferrol 1910-Santiago de Compostela 1990).
Se tiveramos que escribir a biografía dunha persoa viva poderiamos preparar unha entrevista para facerlle.
No caso de biografías das persoas homenaxeadas nas Letras Galegas non é posible facer unha entrevista directa.
Si poderiamos entrevistar a familiares ou persoas estudosas ou expertas nesa persoa.
Biografía (bio-vida, grafía-escrita, rexistrada).
Bibliografía ( biblio- biblioteca,libros e recursos)
Consultamos bibliografía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario