Nas TICs, na Atención ás Diversidades..., no día a día dos contidos escolares...tan importante é a formación coma o entrenamento.
Ás veces dicimos que os mestres non estamos formados... Os mestres e as mestras estamos suficientemente formados! Igual estamos pouco entrenados, pero estamos formados! Necesitamos tempo para enredar, comprobar o que pasa, explorar,investigar...e logo programar segundo estes descubrimentos.
O tempo é ouro, díxose sempre...Unha boa mestra debería ter tempo para enredar, entrenarse e programar!
Se a un mestre lle cargamos o horario de clases e burocracias administrativas...é dificil que teña tempo para programar as clases, innovar e entrenarse, aínda que pretenda sacalo das horas de sono ou de descanso!
O adaptar materiais, preparar as clases, buscar e xestionar os recursos, coordinacións,... e tan ou máis importante que as clases directas. É un traballo que leva o seu tempo e o seu esforzo, fóra do horario lectivo.
No caso das mestras de AL, esta parte do noso traballo é importantísima, para poder intervir con éxito en cada caso. As TIC e o mundo en rede axudan moito. Pero necesitase tempo , ademáis da gana para entrenarse...e poder probar e poñer en práctica o aprendido na formación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario