Páxinas

luns, 19 de outubro de 2020

CANTA VIDA HAI NUNHA FRAGA!

 Libro: Unha misión para Clara

 Autora: Marica Campos

Situámonos no capítulo 11.

 Chegan malas novas de Pedrasirtas

Enlace para escoitar o capítulo

Canta vida hai nunha fraga!  Biodiversidade.

Unha misión para vós!

Desta volta ides facer catro listas:

  • especies arbóreas
  • anfibios
  • paxaros
  • insectos

Procuraredes imaxes para ilustrar cada nome.

De cada unha das listas, escolleredes un organismo vivo. A partir do nome e da imaxe, teredes que facer a ficha descrición.

Recomendación: escollede  aquel ser vivo que menos coñezades...Para aprender máis.

Podedes procurar información extra para facer máis completa a vosa descrición.

mércores, 16 de setembro de 2020

CUARTO...FACEMOS PASTA!

 Que se cociña en Cuarto?

Un libro de receitas! FACEMOS PASTA! 

Que hai que entregar o luns 21 de setembro?

A súa receita ben escrita que se faga con pasta.

Que e como hai que facer? O proceso.

1. Documentarse sobre  tipos de pasta. Facer unha lista cos diferentes tipos. (Supermercado)

2. Elixir un tipo de pasta.

3. Pensar e decidir con que imos acompañar a pasta elixida. 

4. Facer a lista de ingredientes

5. Preparar ingredientes  e utensilios necesarios.

6. Con axuda da familia ir elaborando a receita fixándose en cada paso.

7. Sentarse e escribir a receita con moita calma. Respectar a estrutura da receita. Explicar moi ben cada paso.

Como hai que escribir a receita? Cal é a estrutura? 


 TÍTULO: Claro, centrado e con letras maiúsculas.

INGREDIENTES: Lista, cada un nunha liña. Incluír as cantidades.

ELABORACIÓN: Proceso. Explicar moi ben cada paso.


Lembra consultar o dicionario e revisar o escrito mínimo 3 veces.

( Ortografía. Enténdese ben?)

É importante o contido. Tamén é importante a presentación: que sexa moi fácil de ler e de entender!

xoves, 18 de xuño de 2020

PODCAST VIDA E OBRA DE CARVALHO CALERO

O alumnado de sexto de Primaria traballou sobre a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero.

1. Documentáronse nos recursos proporcionados pola Biblioteca.
2. Traballaron como se escribía unha biografía.
3. Leron algúns textos do autor homenaxeado estas Letras Galegas 2020.
4. Experimentaron co programa  Audacity dos seus equipos Abalar Edixgal.Gravaron audios desde as súas casas.
5. Xuntaron os audios nun Podcast onde dan a coñecer episodios da vida de Carvalho Calero e algúns textos.

 Contido do Podcast:
Biografía de Ricardo Carvalho Calero. Etapas.
Textos: Á beira do mar, Agora e As pitas baixo a Choiva.
Acompañamento musical: Poema A Fala, de Manuel María musicado por Uxía Senlle e Sergio Tannus.
 

martes, 9 de xuño de 2020

RADIO-LETRAS! PROGRAMA INFORMATIVO

PROGRAMA INFORMATIVO DE RADIO
ESPECIAL LETRAS GALEGAS 2020

O alumnado de 5º E. Primaria fixeron o I Programa Informativo sobre as Letras Galegas.
Traballaron moitísimo!
Desde as súas casas e por Videoxuntanzas.
Como fixeron?

1. Documentáronse!
Tiñan que contestar a unhas preguntas sobre o Día das Letras, a RAG e o homenaxeado nas Letras 2020: Ricardo Carvalho Calero.

Consultaron os recursos da biblioteca e foron dando resposta individualmente, esforzándose en elaborar boas frases.

2. Redactaron o texto guión.
Puxeron en común as informacións e reelaboraron os parágrafos.
Repartiron os parágrafos do texto e decidiron quen gravaría cada audio.
3. Prepararon a escaleta de contidos.
Estableceron unha primeira escaleta de contido do Programa informativo.

4. Procuraron a música.
Decidiron cal música sería a máis significativa para acompañar un Especial Letras Galegas.
A Fala, o poema de Manuel María musicado por Uxía Senlle e Sergio Tannus.
Moitas e moi boas foron as razóns para elexir esta música. 

5. Gravaron os audios
Na casa practicaron a lectura en modo locución informativa.
Gravaron os audios co programa Audacity dos seus equipos Abalar Edixgal.
 6. Edición dos audios. Tamén co Audacity.
Ordenáronse os audios nunha segunda escaleta que xa incluía os cortes de música.
Montouse a secuencia dos audios segundo a escaleta final.
  Listo o I Programa informativo sobre a orixe e celebración das Letras Galegas e a RAG.

Made in Galiza e feito dende as casas!

Escoitamos! 




domingo, 7 de xuño de 2020

COMO CHO CONTO!

Como cho conto!
O alumnado de Terceiro de E. Primaria traballou moitísimo para explicarnos algunhas cousiñas sobre a normativa en Galego.

A súa tarefa das Letras 2020 era a de convertirse en reporteiras e reporteiros do Como cho conto!
Lembramos o plantexamento da actividade:

Enlace á entrada COMO CHO CONTO!
 do blogue O Cataventos.
Enlace á entrada ACTIVIDADE DAS LETRAS


Dun listado de palabras e erros máis habituais que cometemos cando falamos e cando escribimos en galego, había que:

1. Facer unha escolla. Comunicala para non coincidir na mesma palabra ou erro a explicar.
2. Documentarse. Como se escribe en galego
3. Escribir o texto e gravar o audio.

A estrutura do Programa sería emulando a
Non digas...Dígocho eu! da RTVG 

Pois...Repasaron os programas da RTVG, tomaron boa nota e prepararon o seu texto.
Ensaiaron ben e logo gravaron os audios coa ferramenta Vocaroo

Cos audios listos, estableceuse unha orde e diseñouse a imaxe que ía acompañar cada audio.

As cores estaban clarísimas: azul e branco, as cores da bandeira de Galicia.

 (Storyboard...iso aprendémolo do Nós tamén creamos!)

E...coa materia prima xa ordenada, cociñouse un bo produto elaborado...Como cho conto!


 

martes, 19 de maio de 2020

TEATRO...PARA QUE?


Un século son cen anos. Un cento de anos=100 anos.

Hai cen anos que temos Teatro en Viveiro!
Teatro Pastor Díaz, desde 1920. Que privilexio!





Teatro...Para que? 

Estrelas Compañía de Ópera poden explicarnos a enorme importancia que ten o Teatro, para o público e para quen o crea desde dentro combinando texto,voces, música, efectos sonoros, escenografías, vestiario, expresión corporal,
luces...

Cultura e Artes escénicas no directo para mandar unha mensaxe importante ao mundo.Sentir unión!

Onde está o público agora? O patio de butacas está baleiro.
O público está nas casas! Máis..
#A Cultura segue

Como están a vivir esta situación o mundo das Artes escénicas? Cantas e que profesións están implicadas? 
Por que é tan importante o directo?

Que aprendizaxes pode aportar crear unha ópera ou un teatro musical?
Que aprendizaxes aporta a ópera e o teatro como público?

Ricardo Carvalho Calero, ademáis das súas lecturas asistía ao Teatro Jofre.



Ricardo pasaba as obras completas de ópera, zarzuela e teatro preguntando o porqué de cada movemento no palco. As experiencias lidas e vividas moveron ao pequeno Ricardo a escribir pequenas pezas teatrais que levaría á práctica cos seus irmáns,nun Teatro particular, na casa. Era guionista, director e rexedor da pequena Compañía familiar. 

Cando  Carvalho Calero foi mestre no colexio innovador de Fingoi (1950-1965) traballaba teatro co seu alumnado.

Ricardo Carvalho Calero escribiu teatro:
En 1971 publica Catro Pezas
  • A sombra de Orfeo
  • Farsa das zocas
  • A árbore
  • Auto do prisioneiro
En 1982 publica Teatro Completo que ademais das obras publicadas en Catro Pezas incluía
  • O fillo de Isabel
  • O redondel
  • Os xefe

Teatro tamén é un xénero literario de escita en forma de diálogos e descricións (acotacións) para ser representado.


Teatro...Para que?
Estrelas Compañía de Ópera explican...reflexionan...
LÓVA: a ópera como vehículo de aprendizaxes.


Por certo, Estrelas, sabíades que Ricardo Carvalho Calero cando era neno non tiña moitos amigos e pasaba as tardes de domingo no faiado
Que imaxinades que faría no faiado?

ESCRIBIR UNHA BIOGRAFÍA


Biografía (bio-vida, grafía-escrita, rexistrada).
  
Cando escribimos unha biografía contamos o máis importante da vida de alguén.

Como escribimos unha biografía?
Como escribimos a biografía de Ricardo Carvalho Calero

1. Documentámonos. Lemos moito sobre esa persoa.
    Informámonos! Lectura comprensiva.
    (Temos os recursos ordenados no blogue da Biblioteca).

2. Datos importantes. Rexistramos os datos relevantes.
  • Nome e apelidos. Identidade
  • Data e lugar de nacemento
  • Infancia
  • Estudos
  • Profesións
  • Feitos destacados
  • Que fixo por Galicia, pola Cultura e pola Lingua?
  • Que escribiu?
  • Data e lugar de falecemento 
 3. Redactar ben a partir dos datos obtidos.
    Empregamos a orde cronolóxica.
    Redactamos ben cada parágrafo.
    Temos en conta as posibles persoas lectoras/oíntes
    para informar ben.

4. Corrixir o escrito. Lemos e relemos.
  • Está ben redactado? Enténdese ben?
  • Contén erros ortográficos? Consulto dúbidas.



Carvalho Calero, Ricardo
 (Ferrol 1910-Santiago de Compostela 1990).


 Se  tiveramos que escribir a biografía dunha persoa viva poderiamos preparar unha entrevista para facerlle.
No caso de biografías das persoas homenaxeadas nas Letras Galegas non é posible facer unha entrevista directa.
Si poderiamos entrevistar a familiares ou persoas estudosas ou expertas nesa persoa.
 

 Biografía (bio-vida, grafía-escrita, rexistrada).

 Bibliografía ( biblio- biblioteca,libros e recursos)

Consultamos  bibliografía.