Páxinas

martes, 23 de decembro de 2014

FORMACIÓN VERSUS ENTRENAMENTO!

Nas TICs, na Atención ás Diversidades..., no día a día dos contidos escolares...tan importante é a formación coma o entrenamento.

Ás veces dicimos que os mestres non estamos formados... Os mestres e as mestras estamos suficientemente formados! Igual estamos pouco entrenados, pero estamos formados! Necesitamos tempo para enredar, comprobar o que pasa, explorar,investigar...e logo programar segundo estes descubrimentos.

O tempo é ouro, díxose sempre...Unha boa mestra debería ter tempo para enredar, entrenarse e programar!

Se a un mestre lle cargamos o horario de clases e burocracias administrativas...é dificil que teña tempo para programar as clases, innovar e entrenarse, aínda que pretenda sacalo das horas de sono ou de descanso!


O adaptar materiais, preparar as clases, buscar e xestionar os recursos, coordinacións,... e tan ou máis importante que as clases directas. É un traballo que leva o seu tempo e o seu esforzo, fóra do horario lectivo.

No caso das mestras de AL, esta parte do noso traballo é importantísima, para poder intervir con éxito en cada caso. As TIC e o mundo en rede axudan moito. Pero necesitase tempo , ademáis da gana para entrenarse...e poder probar e poñer en práctica o aprendido na formación.

TADEGa, Diversidade e TICs

Se AGPETAL resultaría unha asociación máis específica de mestres de AL, TADEGa é unha asociación máis aberta, entre a Atención á Diversidade e as TIC, no ensino.

Este 22 de decembro tivemos asamblea TADEGa en Santiago. Esperamos un bo Congreso 2015 con moitas sorpresas e obradoiros . Para atender á diversidade do noso alumnado e para seguir aprendendo, formándonos e entrenándonos!

Ideas, motivacións...só tes que visitar a páxina de TADEGa...

TADEGa

luns, 15 de decembro de 2014

AGPETAL E A ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE

O venres pola tarde e o sábado todo o día reunímonos un grupo de mestras de AL en Coruña, na UNED.

XIV Xornadas AGPETAL (Asociación Galega de Profesorado Especialista en Técnicas de Audición e Linguaxe).

Desta volta o título era "Trastornos do desenvolvemento en Educación Infantil. Estratexias e Técnicas de intervención e conducta".

Comezamos a xuntanza con Fátima García Doval , que estrena asesoría de Orientación da Consellería de Educación. É dicir, que temos un teléfono e un correo ao que acudir en caso de dúbida. Fátima sempre responde no teléfono de Atención á Diversidade: 981-546512.

Fátima lembrounos que os teléfonos de hoxendía non son teléfonos, senon pequenas computadores coas que ademáis podemos realizar chamadas. A tecnoloxía móbil e a Comunicación Aumentativa é moi importante. Reflexionamos sobre os Comunicadores  e as mensaxes que incluir nestes. Empezando pequeniño ainda que pensemos en grande, coa capacidade de ir medrando coma se de unha Biblioteca se tratase. Non hai comunicador perfecto pero temos opcións de facer boas cousas: PictoDroid Lite, PiktoPlus ou In-TIC, segundo necesidades.


venres, 5 de decembro de 2014

CURSO TEL POR RAQUEL AYUDA!

A mesma Raquel Ayuda Pascual (do Grupo Deletrea) citada na entrada anterior, estará en Febreiro en Pontevedra.
Curso sobre o TEL sobre pautas e estratexias de actuación.
Moi boa nova, posto que Raquel Ayuda ademáis de boa profesional é moi boa comunicadora e merece a pena escoitala!



Xa sabemos, a cita é o 7 de Febreiro, no Centro de Estimulación e Aprendizaxe PAUTAS.

A responsable da formación Natalia Portas, no teléfono 986 862992

info@centropautas.com

luns, 1 de decembro de 2014

QUE É O TEL? COMO TRATALO NA ESCOLA ?

As siglas TEL fan referencia a Trastorno Específico da Linguaxe...
No DSM-V, nos Trastornos da Comunicación, non se recolle o termo "específico" quizais polo impacto que a linguaxe ten na vida dun neno ou nena no ámbito escolar.

En Galicia temos unha asociación ATELGA, Asociación TEL Galicia. Entra na páxina e infórmate máis...


                                                          http://www.atelga.es/

Como podemos descubrir a un alumno ou alumna con TEL?

Sospeitamos se...

  • Non está adquirindo ben o desenvolvemento normal da linguaxe.
  • Tarda en comprender e tarda en falar.
  • O seu desenvolvemento da linguaxe sucede con moito esforzo.
  • Non poden secuenciar ben os sonidos...
  • Na sintaxe...cambia o rótulo das palabras!E ás veces a secuencia ou a orde.
  • Os seus problemas de linguaxe acarrean problemas de relación e de comportamento social.
  • Limitado na expresión e tamén na compresión.
  • Os problemas de linguaxe reflicten conductas inadecuadas, problemas de comunicación , frustración e enfado.
  • Peculiaridades atencionales curriculares.
  • Moitos problemas de evocación e recuperación das palabras.
  • Memoria de traballo tocada, limitada.
O noso sistema educativo e demasiado verbal! Ollo co que estamos pedindo en cada momento!
Ollo cos problemas de discriminación auditiva e as representacións fonolóxicas inadecuadas.

CÓMO FACEMOS ANTE UN TEL?


MIRAME CUANDO TE HABLO

Isto si que pode resultar do máis interesante...unha serie onde xordos e ointes comparten momentos...
Unha achega dunha das miñas madriñas tadeguianas, María Blanco (Teño varias madriñas tadeguianas e algún padriño, que saben o que me gusta e co que disfruto...).

Esta serie...é moi curiosa! Signan e falan, moita linguaxe visual, humor, situacións...e tamén moitas ideas...



Personaxes moi diferentes.Jaime, Sonia, Luis e Miguel comparten piso...

MIRA O QUE DIGO III

Imos un pasiño máis alá...e xa que estamos en decembro e temos que traballar arredor da Constitución, entendendo cales son as Comunidades Autónomas...Anjara Valle, por favor...




Ademais das Comunidades Autónomas, andamos a voltas cos verbos. Poida que isto axude algo...



Que queremos os verbos e a frase en inglés... pois lembramos a clave de cores e imos facendo tarxetiñas.
Comezamos co verbo to be e as frases básicas sociais.

Necesitamos tarxetiñas amarelas para persoas e para pronomes. Distinguimos He e She cos signos de masculino (home) e feminino (muller).
Verbos en verde.
Comezamos co presente e coa 3ª persoa singular, e logo 1ª persoa.
Veremos como resulta máis doado do que parece!
Os signos axudan pero...o importante é a estructura! Que manipule, que practique...para consolidar estructuras e ir montando frases.

VERBALIZA, PON PALABRAS!

Baño de linguaxe! Se queremos estimular a linguaxe, unha das mellores estratexias e interaccionar co neno ou nena verbalizando
1. O que imos facer inmediatamente
2. O que facemos no mesmo momento
3. O que fixemos

Acompañar con palabras, poñer palabras. Iso axuda moito á planificación, ao pensamento e ata a expresión!

Proba a radialo, a poñer palabras á actividade que se comparte. Linguaxe, Pensamento e Expresión van da man.

Non deixemos de verbalizar!

domingo, 23 de novembro de 2014

COLORES, MIRÓ E ARACALADANZA




Desde 1994. Para nenos, nenas e familias. O coreógrafo Enrique Cabrera homenaxea na escena a artistas plásticos.
Inspirado en Miró, estrena Constelaciones, en 2012 en Madrid.

Merece a pena visitar a páxina : a idea, o dossier, fotos, videos,...



O video promoción xa subtitulado en inglés, da propia compañía Aracaladanza encontrase no Youtube .Non foi posible insertalo,  pero deixamos a ligazón.

VIDEO PROMO CONSTELACIONES

Outros videos interesantes de Aracalandanza e o seu espectáculo Constelaciones:dúas ligazóns

VIDEO PROYECCIÓN PARA CONSTELACIONES

VIDEO PROYECCIÓN FINAL CONSTELACIONES

Si hai un século os Pintores colaboraban coa danza deseñando telóns, decorados e vestiario para ballet, caso de Picasso, Dalí e ata Miró... Agora son as compañías de danza as que se inspiran nos grandes pintores e artistas para levar a sensacións do seu arte á escena.

Aracaladanza , aposta por achegar a cultura aos nosos nenos e nenas e ás súas familias.Non é a única vez que esta Compañía leva a escea a grandes pintores. Infórmate na súa páxina e descobre outros Espectáculos inspirados na Pintura!

Os días 9,10 e 11 deste mes de novembro estuveron as Constelaciones en Narón, A Coruña. Mágoa non enterarse antes para facer o esforzo e gozar do momentazo!




martes, 18 de novembro de 2014

RELACIONANDO DANZA E ARTE. BNE...


O propio Antonio Najarro, director do Ballet Nacional de España explica neste video como xurdiu o Espectáculo Sorolla, inspirado na colección "Visión de España" do pintor Joaquín Sorolla, encargo da Hispanic Society de New York no ano 1911. 






luns, 17 de novembro de 2014

XORNADAS QUE PODEN RESULTAR INTERESANTES...

AGPETAL e TADEGa unifican esforzos para ofrecernos unhas interesantes xornadas. O tema é os nenos e nenas non verbales, na etapa de Infantil. Cómo intervir? Que estratexias empregar? Comunicación aumentativa? Tecnoloxías? Cómo facemos?
A cita é o 12 e 13 de decembro, na UNED, en Coruña. Non só para os mestres e mestras especialistas de AL, pode ser interesante para titores ou titoras preocupados por algún alumno ou alumna que non só non fala, senon que non se comunica.



O PESO DAS IMAXES

Hoxendía as imaxes son moi importantes, para aclarar conceptos, para ilustrar, para acompañar o texto. Necesitamos das imaxes, e de imaxes libres de dereitos. Invito a ser creadores de imaxes con licenza creative commons.A facer un bo banco de imaxes.Que precisamos? Unha cámara de fotos!. Nas cámaras de fotos máis modernas podemos elexir o tamaño. Suficiente é 500x500. Para subir a un blog...se é Blogger non temos problema pero se é con Wordpress....cada imaxe non pode pesar máis de 1 MB (un mega).
As cámaras de hoxe teñen moitos píxeles 4000x2000 mínimo. Necesitamos reducir o peso das imaxes para subilas á rede. Pero...Cómo redimensionamos as fotos? Como as facemos máis pequenas, con menos peso?.

Eu, emprego o programa GIMP, o do zorro co pincel na boca:


Imos á pestana "Imaxe", "Escalar a imaxe". Imos baixando píxeles ata atopar o tamaño que andamos buscando. Cando temos o tamaño que queremos, Archivo, Exportar como... Eliximos a extensión de arquivo que queremos....jpg ou .png e gardamos. Veremos que o arquivo cambia considerablemente de tamaño. Pesa moito menos. Pois...daquela xa podemos subir as imaxes lixeiras ao noso blog!
A calidade....suficiente con 76, non ten que ser o 100%.





mércores, 12 de novembro de 2014

MOITAS DAS VECES...DETESTO O LIBRO DE TEXTO!

Encántame os libros informativos, as novelas, os álbumes ilustrados, os " pop up", os contos, os libros de poesía...PERO moitas das veces detesto o libro de texto e máis ainda o libro de texto como única opción nas aulas e o tratamento ríxido de  "ir polo libro"!

Os libros de texto están feitos en xeral, para unha maioría. E están feitos por persoas...imperfectas! A poucos nenos e nenas lles gustan os seus libros de texto, son os menos os que se sinten cómodos co eles. Para moitos, este elemento constitue unha verdadeira tortura diaria. Para as familias...o libro..."haino que facer, para iso se gastaron os cartos".

En dúas dimensións, diseñados para un alumno medio que non existe, e con un linguaxe elaborado que non se corresponde co que se di, se fai e se le na casa. "Observa a ilustración, marca e  completa as seguintes afirmacións" En fin,...Ao final, faise, coma se foran churros, mirando polo veciño, sen leer e sen pensar e completando ocos por intuición...
E que dicir dos libros de Lingua...Que barbaridade! Lecturas sen fin e exercicios absurdos que confunden máis que aclaran,...exemplos abstractos e irreais...


Parémonos, preguntemos a opinión aos implicados...
 Que che gustaría que tivera o teu libro de texto? O alumnado responde, que teña texto claro, imaxes, debuxos, animacións, videos, audios, xogos,...

Atentos profes e "profas"...non será mellor facer nós os libros  "de texto", contando co propio alumnado como protagonistas do constructo?
Hoxendía existen recursos e ferramentas para concretar obxectivos e aprendizaxes e establecer nexos coa realidade, coa vida diaria de cada un das diversas persoas para as que traballamos.
Traballando por Proxectos e empregando unha plataforma virtual pódense acadar obxectivos e aprendizaxes máis significativos que dificilmente poden ofrecer os libros de texto.

Igual me refiro aos libros dixitais...Ollo cos libros dixitais, o que se entenda por iso e o uso que destes se faga!
Mellor empregar...os libros da Biblioteca!

"Fin de la cita" Ermi dixit.

domingo, 9 de novembro de 2014

MIRA O QUE DIGO, MÁIS LSE

Expresións útiles para o diario, Anjara Valle:




Preguntas básicas:






Un Signocuento:




E só queda...a canción!. Pois mirade o que atopei, o "noso zumba" en LSE...




Do canal de christynalLSE no youtube.

E QUE FAS TIC?

Ter, usar e usar ben...
As tecnoloxías poden ser moi útiles na nosa vida diaria pero, ao igual que pasa con calquera recurso, o importante son os obxectivos que hai detrás e a persoa que utiliza esa tecnoloxía para poder facer o que facía pero mellor e posiblemente  máis doado. 

Coas ferramentas TIC podemos enriquecer moitísimo a nosa práctica docente diaria.Claro que depende moito de nós, da nosa actitude e creatividade para sacarlle o mellor partido.
Non temos que controlar moito, nin crealo todo!

Xa hai moito feito! Podemos botar unha ollada polo xa feito. Se está baixo licenza Creative Commons podemos utilizalo. Ás veces basta con citar a autoría.



Logo, é buscar ferramentas que se axeiten ao que queremos facer pero...ferramentas sinxelas para comezar. As ferramentas son para facer a vida máis fácil en tempo e esforzo. Se unha ferramenta nos complica a vida...igual non é unha ferramenta axeitada para nós. Procuremos outra!

Deberes: Reflexionar...sobre o uso que facemos das TIC e como poderiamos melloralo.

venres, 7 de novembro de 2014

VALE, TEMOS OS PICTOS...POR ONDE EMPEZAMOS?

Sigo dicindo "depende"! Depende dos obxectivos que persigamos. O importante é ter uns obxectivos moi claros en todo momento. Non vale calquera picto e de calquera xeito!

Que queres? Que necesitas? Diso que queres ou que precisas hai algo xa feito? Mira primeiro se hai algo feito do que procuras!
Moita xente comparte materiais con licenza CC, Creative Commons
Busca, que pode pasar?

  • A. Que o atopas, parabéns! Solucionado!.
  • B.Que atopas algo que podería axeitarse pero non de todo. Pois, o mellor é poñerse en contacto ca persoa autora dese material para, con respecto, pedirlle os orixinais. Cóntalle que queres facer e non haberá problema. Logo estaría ben que lle remitises as modificacións e lle contaras se resultou ben.
  • C. Que non atopes nada axeitado ao que precises. É raro pero pode pasar. Nese caso habería que pensar en crealo...
En caso de ter que crealo...
  1. Seleccionamos ben a materia prima ( os pictogramas ou signos que imos precisar)
  2. Unha vez que temos un xeitoso banco de pictos e signos, empregámolos da mellor das formas para que sexan rentables.
Que queremos traballar? Insisto no obxectivo!

Por exemplo, a idea é facer un VOCABULARIO base co que poder traballar a estructura da frase. Entón escollemos o vocabulario co que imos traballar. Ollo, non só substantivos, temos que elixir tamén verbos, adxectivos,...para logo poder desenvolver as relacións que existen entre uns términos e outros, entre unhas palabras e outras. Refírome á construción de frases con ese vocabulario de estudio.

Como fago eu?

Segundo o tema, por exemplo de sociais ou naturais...busco as palabras clave, as máis importantes, estudo que verbos e que adxectivos vou a precisar.

Emprego a clave de cores!

mércores, 5 de novembro de 2014

COMUNICACIÓN AUMENTATIVA. ONDE BUSCAMOS?


Pois...tres fontes importantes para pararse...

A páxina de TADEGa


Na Galería Multimedia temos de todo e de xeito lícito:
 


A páxina de DIVERTIC


E o Portal aragonés do ARASAAC



Depende do que busquemos, do que necesitemos. Aquí temos moitas opcións.

Se non hai pictograma ou signo que se nos axeite ao que buscamos, podémolo crear...ou...sempre quedará a cámara e o obxecto ou contexto real.

Depende, de que depende? De según como se mire e como se escoite, así se comprende!...


As imaxes que poño enriba de cada enlace fíxenas coa ferramenta Recortes, no botón de inicio do Windows 7. Ben manexadas esas tesoiras poden resolvernos moito á hora de que nos urxa facer un manual ou....o que queiramos, sempre con respecto. Son dos poucos recortes que poden ser útiles!

martes, 4 de novembro de 2014

PENSAMENTO E SEMENTEIRA. COLECTIVO.

Este título sí que me gusta a mín! Colectivo, SOMOS, Primeira persoa do plural.
 Ademáis de pensamento,...sementeira.

Deixo enlace a o blog do Colectivo que sempre achega actividades moi interesantes a Viveiro.


Curtametraxes, Cine, Xornadas, Recitais...Todo do máis interesante.
Parabéns ao Colectivo!

ESCOITA, AGORA SÍ...


Xa levamos dous programas do RadioGaldo e andamos a montar o terceiro!

Na páxina do CEIP Plurilingüe Santa Rita podemos escoitar e descargar.


Fotografía de Clara Martinez, de 6º curso


CONTIDOS

Programa 1:
  •  Axenda  Cultural: Novidades, Efemérides de Setembro  e simpático anuncio para traballar a publicidade na radio...Memorín! (non intentedes mercalo!) .
  • Conto: A NOZ DE OURO 
  • Entrevista: A Ermi Orol, sobre o Proxecto Radio escolar e os seus beneficios.
 Programa 2:
  •  Axenda  Cultural: Novidades, Efemérides de Outubro  e anuncio publicitario. Novidade, sección Biografías: Marie Curi.
  • Conto: A LEBRE E A TARTARUGA 
  • Entrevista: A Paz, a cociñeira do cole.Paz danos a coñecer as claves para unha boa alimentación.
Programa 3:

 Estase cocendo un programa de medo, co gallo do Samaín e o Halloween!

    Noraboa a estes artistazos das ondas!Merece a pena escoitalos!

luns, 3 de novembro de 2014

A FERRAMENTA DE HOXE É...WORDLE





Este tipo de cartaces sinxelos están feito cunha ferramenta chamada " WORDLE"


WORDLE é unha sinxela ferramenta moi útil par facer cabeceiras ou cartaces. Nubeiros de palabras.
 Poñemos as palabriñas que queremos destacar separadas por comas, dámoslle á tecla "GO" e logo é ir dándolle a "Randomize" ata atopar o xeito que queremos, o que máis nos guste.

Se queremos que algunha palabra destaque no tamaño, só temos que repetila no noso texto.

Proba a facer cartelería e nubes de palabras con esta sinxela ferramenta!



domingo, 2 de novembro de 2014

RAFAEL AMARGO NO TIMERIME


Ferramenta para elaborar liñas do tempo:

timerime.com



Un exemplo, coa traxectoria do bailarín Rafael Amargo...






Pode ser unha ferramenta moi útil nas nosas clases...
Esta primeira proba non leva fotos, posto que se queremos engadir unha imaxe, ten que estar previamente gardada na computadora.
E...xa sabemos...ollo cos dereitos de imaxe!

Cun previo preparamento das imaxes a engadir, poden quedar traballos moi chulos.

sábado, 1 de novembro de 2014

DANZATE DANZA e ballet para nenos e familias

A Compañía española Danzate Danza oferta uns espectáculos moi coloridos para achegar aos nenos ás distintas disciplinas de danza.








Outro ballet adaptado para a xente menuda e para acercarse á novela de Cervantes...





Ballet co CCG. Quebranoces e A Bela Adormecida

O Centro Coreográfico Galego coa súa versión do Quebranoces...








Esta posta en escea incorpora símbolos e trazos relacionados co imaxinario galego: galerías brancas, vestiario que recorda as figuras de Sargadelos...



 e soldados con indumentaria que nos traslada ao entroido galego...


Fotografías de Manuel Lemos (copyright) na representación do "Quebranoces" en Pontevedra, fotos que forman parte da galería da páxina do CCG.



Tralo éxito do Quebranoces, outro ballet A bela Adormecida, adaptación coreográfica de Mercedes Suárez a partir do ballet composto por Tchaikovsky .

Fotografía de Manuel Lemos na galería do CCG

Os clásicos de Charles Perrault levados á escea desta vez polo Centro Coreográfico Galego.



Video de Antonio Cid

Para saber máis do Centro Coreográfico Galego e das súas produccións, podemos visitar a súa páxina,xa directamente desde aquí:

VOCABULARIOS DE OUTONO E HALLOWEN.En Español.

En español de España, Eugenia Romero, autora do blog Maestros de AL axudanos co vocabulario relacionado co Outono e o Halloween.












venres, 31 de outubro de 2014

MIRA O QUE DIGO...LSE


O Día do Ensino, navegando pola rede, atopei certos tesouros para poder comunicarse mellor.





No video que deixo a continuación Anjara Valle acerca a LSE como instrumento de comunicación, non como língua. Moi sinxelo, para as familias. Ideas para nós, para poder comunicar mellor con Juan.






No mesmo blog "Mira lo que digo" hai unha pestana "Signo Cuentos" con un videoconto en LSE "La Ratita Presumida". Ideal para traballar a narración!




Temos un montón de videos para aprender LSE no canal de Youtube da propia Anjara Valle. Vocabularios temáticos, máis contos clásicos,... Non hai excusa para...
 comunicarse mellor e aprender LSE.

unha canción, para decilo cantando...


mércores, 29 de outubro de 2014

The Nutcracker, ballet,...Shall we dance?

Aquí deixo algunhas presentacións sobre o tema do noso Comenius, seleccionadas do Slideshare.
Ideas para o noso traballo...






ESCOITA, SON DE LINGUAXES

Escoitar con atención é moi importante para a linguaxe. Fascinados por un mundo visual e de pantalla cada vez escoitamos menos. Para que non esquezamos a importancia da Escoita, damos comezo a...
unha aventura cos primeiros programas  RADIO GALDO!


                                              Fotografía: Clara martínez , 6º de Primaria



Arranca...    

Pincha nesta cabeceira para poder escoitar os programas desde a páxina do cole


Os rapaces e rapazas de 6º de primaria comezan un novo
proxecto: a creación dunha radio escolar. A idea da radio parte
dunha iniciativa conxunta entre o Equipo de Dinamización da
Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca.!

RadioGaldo pretende ser unha ferramenta de traballo estable
onde poidan participar todos os rapaces ( preparando guións,
entrevistas, relatos, noticias,… ). Deste xeito, a través dunha
actividade divertida, estaremos a traballar un montón de áreas
distintas. As familias tamén terán unha participación activa na
realización dos podcast colaborando con contos, entrevistas,…!

Os podcast dos distintos programas serán colgados nun
apartado especial dentro da páxina do noso cole.
Intentaremos manter os podcast actualizados e cumprir cos
prazos de entrega que, en principio, serán cada tres semanas.!