Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta Ferramenta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ferramenta. Amosar todas as publicacións

luns, 30 de marzo de 2020

GRAVAR AUDIO CON VOCAROO

Ás veces temos que gravar un arquivo de audio para enviar. 

A tarefa de gravar pode ser moi fácil coa ferramenta online Vocaroo.

 
Podemos gravar mensaxes de voz sen ter que instalar ningunha aplicación. 
Podemos descargar o arquivo e logo envialo.
(Preferiblemente en .mp3)
Non ten límite de tempo.
Pode ser moi interesante para as vosas lecturas.

venres, 9 de xaneiro de 2015

SPREAD THE SIGN


Dicionario internacional de Linguaxe de Signos! Un producto do Centro de Lengua de Signos Europea.
Ferramenta web pedagóxica de uso gratuito.

Tamén dispoñible en Smartphones.

Para que? Pois depende de tí e da túa cretividade no uso.



Entra, remexe, proba! Moitos idiomas, moitos usos.
O mínimo, aprender LSE ou doutra lingua! Mete o termo, elixe o idioma e...en video terás o resultado.

Moi útil, non sí? Pois, veña, a remexer e a aprender moito!

luns, 17 de novembro de 2014

O PESO DAS IMAXES

Hoxendía as imaxes son moi importantes, para aclarar conceptos, para ilustrar, para acompañar o texto. Necesitamos das imaxes, e de imaxes libres de dereitos. Invito a ser creadores de imaxes con licenza creative commons.A facer un bo banco de imaxes.Que precisamos? Unha cámara de fotos!. Nas cámaras de fotos máis modernas podemos elexir o tamaño. Suficiente é 500x500. Para subir a un blog...se é Blogger non temos problema pero se é con Wordpress....cada imaxe non pode pesar máis de 1 MB (un mega).
As cámaras de hoxe teñen moitos píxeles 4000x2000 mínimo. Necesitamos reducir o peso das imaxes para subilas á rede. Pero...Cómo redimensionamos as fotos? Como as facemos máis pequenas, con menos peso?.

Eu, emprego o programa GIMP, o do zorro co pincel na boca:


Imos á pestana "Imaxe", "Escalar a imaxe". Imos baixando píxeles ata atopar o tamaño que andamos buscando. Cando temos o tamaño que queremos, Archivo, Exportar como... Eliximos a extensión de arquivo que queremos....jpg ou .png e gardamos. Veremos que o arquivo cambia considerablemente de tamaño. Pesa moito menos. Pois...daquela xa podemos subir as imaxes lixeiras ao noso blog!
A calidade....suficiente con 76, non ten que ser o 100%.





luns, 3 de novembro de 2014

A FERRAMENTA DE HOXE É...WORDLE





Este tipo de cartaces sinxelos están feito cunha ferramenta chamada " WORDLE"


WORDLE é unha sinxela ferramenta moi útil par facer cabeceiras ou cartaces. Nubeiros de palabras.
 Poñemos as palabriñas que queremos destacar separadas por comas, dámoslle á tecla "GO" e logo é ir dándolle a "Randomize" ata atopar o xeito que queremos, o que máis nos guste.

Se queremos que algunha palabra destaque no tamaño, só temos que repetila no noso texto.

Proba a facer cartelería e nubes de palabras con esta sinxela ferramenta!



domingo, 2 de novembro de 2014

RAFAEL AMARGO NO TIMERIME


Ferramenta para elaborar liñas do tempo:

timerime.com



Un exemplo, coa traxectoria do bailarín Rafael Amargo...






Pode ser unha ferramenta moi útil nas nosas clases...
Esta primeira proba non leva fotos, posto que se queremos engadir unha imaxe, ten que estar previamente gardada na computadora.
E...xa sabemos...ollo cos dereitos de imaxe!

Cun previo preparamento das imaxes a engadir, poden quedar traballos moi chulos.