Páxinas

martes, 19 de maio de 2020

TEATRO...PARA QUE?


Un século son cen anos. Un cento de anos=100 anos.

Hai cen anos que temos Teatro en Viveiro!
Teatro Pastor Díaz, desde 1920. Que privilexio!





Teatro...Para que? 

Estrelas Compañía de Ópera poden explicarnos a enorme importancia que ten o Teatro, para o público e para quen o crea desde dentro combinando texto,voces, música, efectos sonoros, escenografías, vestiario, expresión corporal,
luces...

Cultura e Artes escénicas no directo para mandar unha mensaxe importante ao mundo.Sentir unión!

Onde está o público agora? O patio de butacas está baleiro.
O público está nas casas! Máis..
#A Cultura segue

Como están a vivir esta situación o mundo das Artes escénicas? Cantas e que profesións están implicadas? 
Por que é tan importante o directo?

Que aprendizaxes pode aportar crear unha ópera ou un teatro musical?
Que aprendizaxes aporta a ópera e o teatro como público?

Ricardo Carvalho Calero, ademáis das súas lecturas asistía ao Teatro Jofre.



Ricardo pasaba as obras completas de ópera, zarzuela e teatro preguntando o porqué de cada movemento no palco. As experiencias lidas e vividas moveron ao pequeno Ricardo a escribir pequenas pezas teatrais que levaría á práctica cos seus irmáns,nun Teatro particular, na casa. Era guionista, director e rexedor da pequena Compañía familiar. 

Cando  Carvalho Calero foi mestre no colexio innovador de Fingoi (1950-1965) traballaba teatro co seu alumnado.

Ricardo Carvalho Calero escribiu teatro:
En 1971 publica Catro Pezas
  • A sombra de Orfeo
  • Farsa das zocas
  • A árbore
  • Auto do prisioneiro
En 1982 publica Teatro Completo que ademais das obras publicadas en Catro Pezas incluía
  • O fillo de Isabel
  • O redondel
  • Os xefe

Teatro tamén é un xénero literario de escita en forma de diálogos e descricións (acotacións) para ser representado.


Teatro...Para que?
Estrelas Compañía de Ópera explican...reflexionan...
LÓVA: a ópera como vehículo de aprendizaxes.


Por certo, Estrelas, sabíades que Ricardo Carvalho Calero cando era neno non tiña moitos amigos e pasaba as tardes de domingo no faiado
Que imaxinades que faría no faiado?

ESCRIBIR UNHA BIOGRAFÍA


Biografía (bio-vida, grafía-escrita, rexistrada).
  
Cando escribimos unha biografía contamos o máis importante da vida de alguén.

Como escribimos unha biografía?
Como escribimos a biografía de Ricardo Carvalho Calero

1. Documentámonos. Lemos moito sobre esa persoa.
    Informámonos! Lectura comprensiva.
    (Temos os recursos ordenados no blogue da Biblioteca).

2. Datos importantes. Rexistramos os datos relevantes.
  • Nome e apelidos. Identidade
  • Data e lugar de nacemento
  • Infancia
  • Estudos
  • Profesións
  • Feitos destacados
  • Que fixo por Galicia, pola Cultura e pola Lingua?
  • Que escribiu?
  • Data e lugar de falecemento 
 3. Redactar ben a partir dos datos obtidos.
    Empregamos a orde cronolóxica.
    Redactamos ben cada parágrafo.
    Temos en conta as posibles persoas lectoras/oíntes
    para informar ben.

4. Corrixir o escrito. Lemos e relemos.
  • Está ben redactado? Enténdese ben?
  • Contén erros ortográficos? Consulto dúbidas.



Carvalho Calero, Ricardo
 (Ferrol 1910-Santiago de Compostela 1990).


 Se  tiveramos que escribir a biografía dunha persoa viva poderiamos preparar unha entrevista para facerlle.
No caso de biografías das persoas homenaxeadas nas Letras Galegas non é posible facer unha entrevista directa.
Si poderiamos entrevistar a familiares ou persoas estudosas ou expertas nesa persoa.
 

 Biografía (bio-vida, grafía-escrita, rexistrada).

 Bibliografía ( biblio- biblioteca,libros e recursos)

Consultamos  bibliografía.


domingo, 17 de maio de 2020

FACEMOS RADIO?

Facer radio? Como é? 

1.  Escoitar e fixarse como fan profesionais da Radio.
2.  Programa informativo... Documentarse sobre o tema.
3.  Facer preguntas importantes e elaborar respostas.
4.  Guión. Texto informativo para ser escoitado.
5.  Escaleta.Estrutura do Programa.

Gravar os audios co Audacity
 (Nos equipos -Son e vídeo- Audacity.)

Caracola Radio do CEIP Plurilingüe
 San Benito de Lérez:



Se queremos facer un Programa informativo
 Especial Letras Galegas...

Por onde comezamos?
Cales serían os contidos e como irían ordenados? 

1. Documentarse. Procurar a información
 nos recursos da Biblioteca

2. Coa información atopada elaborar unha boa resposta.
Textos. Redactar para informar á audiencia.

Atención! Imos necesitar moi bos textos informativos. Ben redactados! 

 3. Mastigar ben os textos.Ensaios. Lecturas en voz alta.

Xa ensaiado o que se vai a dicir, buscamos un momento con tempo e tranquilidade para gravar os audios! 

Enlace Do texto ao Audio

Enlace  TEXTO E AUDIO nas Ciencias

 

PDI: LETRAS GALEGAS 2020

PDI: Proxecto Documental integrado.

Logo da boa experiencia e aprendizaxes co PDI "Soñando mares transparentes", decidimos traballar do mesmo xeito coas Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero.

1. Documentarse
2. Manexo da información
3. Comunicar o aprendido. Infoproduto.

Antes desta situación actual,fixémonos con unha bibliografía de base:

Libros para documentarse sobre Ricardo Carvalho Calero

Gustounos especialmente as 7 pezas teatrais que propón Héctor Cajaraville.

No terceiro trimestre, desde Biblioteca e Dinamización da Lingua tiñamos pensado traballar moito o Teatro...

Todas as propostas programadas para traballar As Letras, era complicado levalas a cabo desde a casa. Así que, pensamos un plan B e readaptamos  o traballo:

Os recursos están ordenados no blogue da Biblioteca, para ser consultados.

Diseñamos tarefas por niveis: (Maio e Xuño de Letras)

INFANTIL- Coa axuda das familias están traballando para dar a coñecer e valorar o grande tesouro que é a Nosa Lingua.A palabra galega! Vídeos e cartaces.

1º E. PRIMARIA- Póñenlle cara a Carvalho Calero.Son ilustradoras e ilustradores encargados de facer Caricaturas!
As caricaturas servirán para logo incluír en traballos, facer marcapáxinas,... Presentación dixital.

2º E. PRIMARIA -As pitas baixo a choiva.Tomando como referencia o texto de Ricardo Carvalho, xuntan vídeo, pitas  audios coa súa voz e moita creatividade.Vídeo-montaxe.

3º E.PRIMARIA- Reporteiras e reporteiros  Como cho conto! Traballan para axudarnos a corrixir erros e coñecer  normas da escrita en galego.

4º E. PRIMARIA- A Compañía de ópera Estrelas explícanos sobre Teatro e ópera, unha das paixóns de Carvalho Calero.
Podcast.
 
5º e 6º PRIMARIA- Tarefa propia de xornalistas. Logo de documentarse ben, realizan un Programa de Radio informativo: Especial Letras Galegas.

Traballamos a nivel de centro, coa implicación das titorías,  das especialidades,do  alumnado e das familias. 
Así nos gusta traballar!

Que o Galego se sinta, se escoite,se vexa, se lea, se escriba, se cante e se baile!
 
Maio e Xuño coas Letras,
Da Fala e da Escrita, no Santa Rita!

sábado, 16 de maio de 2020

DA FALA E DA ESCRITA, NO SANTA RITA!

Ricardo Carvalho Calero era filólogo, estudoso da Lingua.



Nunha Lingua é preciso distinguir A Fala da Escrita.
Na lingua inglesa podemos distinguir isto máis facilmente.
A escrita  é un modo visual de representar a fala.
Pero non falamos igual que escribimos.
Na escrita hai contido (as ideas que se expresan) e
 hai forma, normas para escribir.

Na escrita traducimos os sons da fala en grafías: letras, sílabas, palabras, frases, parágrafos e textos. Entran en xogo as normas ortográficas, a gramática e a estrutura dos textos.
Non é fácil escribir ben.

Falamos para que podan escoitarnos.
Escribimos para que podan lernos.

E para que podan lernos sen dificultade,
 debemos coñecer e aplicar ben as normas da escrita.

Na historia da Lingua Galega houbo os séculos escuros, moitísimos anos en que a escrita en galego non estaba permitida.

Ricardo Carvalho Calero aportou moitísimo sobre a historia da nosa Lingua, sobre a fala e sobre a escrita.

Que sabemos da normativa da escrita en galego? 
Que idea defendía Carvalho Calero?
 

LINGUA, LITERATURA E LETRAS GALEGAS!

Que celebramos cada 17 de Maio?




Lingua, Literatura e Letras Galegas.

A celebración das Letras comezou con Rosalía de Castro.
Este ano, Letras 2020: Ricardo Carvalho Calero.
Para documentarnos consultamos recursos da Biblioteca
 

TEXTOS E AUDIOS DAS EXPERTAS

Grazas, Sabela, Emma e Blanca 
polos vosos bos textos e audios!

Queda claro: (en frases ben feitas)

    Os pingüíns necesitan frío, xeo e Krill.
   O Krill é unha especie de crustáceo.
   O Krill é o alimento dos pingüíns.
   O xeo derrétese polo cambio climático.
   Cada vez hai menos Krill pola sobrepesca.
   Sen xeo e sen Krill, os pingüíns están en perigo.
   Podemos axudar con educación e non contaminación