O alumnado de sexto de Primaria traballou sobre a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero.
1. Documentáronse nos recursos proporcionados pola Biblioteca.
2. Traballaron como se escribía unha biografía.
3. Leron algúns textos do autor homenaxeado estas Letras Galegas 2020.
4. Experimentaron co programa Audacity dos seus equipos Abalar Edixgal.Gravaron audios desde as súas casas.
5. Xuntaron os audios nun Podcast onde dan a coñecer episodios da vida de Carvalho Calero e algúns textos.
Contido do Podcast:
Biografía de Ricardo Carvalho Calero. Etapas.
Textos: Á beira do mar, Agora e As pitas baixo a Choiva.
Acompañamento musical: Poema A Fala, de Manuel María musicado por Uxía Senlle e Sergio Tannus.
Ningún comentario:
Publicar un comentario