Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta Texto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Texto. Amosar todas as publicacións

xoves, 30 de abril de 2020

TEXTO E AUDIO NAS CIENCIAS

Están chegando moi interesantes textos e audios para traballar Ciencias.

Gústanos moito traballar Ciencias sen libros de texto! 

Como facemos? 
INFORMÁMONOS, DOCUMENTÁMONOS
A través dos libros da biblioteca,
libros informativos, revistas especializadas,
facendo experimentos,vendo outros experimentos,
escoitando a persoas expertas,
investigando  e consultando información na internet.

1.Lemos moito,
2. Recollemos os datos importantes e as fontes consultadas
3. Ordenamos a información 
(mapa conceptual, esquema ou guión)
4. Elaboramos bos textos 
5. Gravamos os audios dos textos

No noso caderno imos construíndo o noso propio libro. 
Asegurámonos de que  a información é fiable e está actualizada.
 
É moito traballiño, pero tamén moita aprendizaxe!
Non só aprendemos Ciencia,tamén Lingua.

Como elaboramos bos textos? Planificamos.
Ordenamos a estrutura do texto. Mapa conductual.


Poñemos un  título claro. (As plantas)

Redactamos o texto explicativo-informativo.
Ben feito, como se fose para publicar nun libro de texto.
Daquela, coidamos moito a linguaxe e a ortografía.
Elaboramos boas frases e bos parágrafos.
Consultamos o dicionario... 
Corriximos e corriximos.

Logo de ter claro o tema, coa información traballada podemos facer outro tipo de textos máis literarios ou creativos sobre o mesmo tema 
(A importancia das plantas).
Unha carta de agradecemento ás plantas,
unha canción,un rap, un poema, ...

 Gravar en audio, para que?
Para seguir aprendendo! E para compartir o aprendido.

O proceso de gravación e escoita axúdanos a mellorar  a nosa expresión e a ter máis claro o aprendido.
Se temos a información en audio podemos aprender da escoita. Quedarán máis claros os conceptos!


mércores, 1 de abril de 2020

TEXTO EXPLICATIVO

Texto explicativo,
texto informativo,
texto para explicar o aprendido!

Moitas das tarefas propostas no colexio seguen un proceso igual ou parecido

1. Procura de información. Onde busco?(fontes)
2. Procesamento da información atopada.
3. Orde e redacción. Explicación do aprendido. 

Por exemplo,o texto sobre
A importancia da VITAMINA D,
que se propón no blogue O Cataventos.


A titora Laura xa vos indica por onde comezar a procura de información:

1. De que forma podemos conseguir vitamina D?
2. Que lle ocorre ao noso corpo se non temos    vitamina D?

Planifica. Mínimo 2 parágrafos.


A importancia da vitamina D
1. Que aporta ao corpo
2. Onde conseguila


A maioría da información que atoparedes na rede 
non está en galego.
Mais,lembrade que o voso texto debe ser en galego.

Sen présa.Consulta as dúbidas co dicionario.
Hai que facelo ben!

DO TEXTO AO AUDIO


Supoñamos que temos un texto ben estruturado e queremos gravalo en audio, coa nosa voz.

Algunhas cuestións antes de gravar:

1. COÑECE BEN O TEXTO. Le varias veces, comprende e estuda ben a súa estrutura.

2. TRANQUILIDADE.Grava só cando teñas tempo e tranquilidade suficiente.

3. VOCALIZA E FALA AMODO. Debes ir máis amodo que cando falas normalmente.
Vocaliza ben para que o que dis
se escoite claramente. Ten que entenderse ben.

4. ATENCIÓN ÁS PAUSAS. Respira con profundidade e lanza a voz con enerxía pero sen berrar.
Fai as pausas. Indica ben cando cambias de frase e de parágrafo. 

5. PRÁCTICA.Canto máis gravacións fagas,mellor. Non te conformes co primeiro resultado. 
Fai varias gravacións do mesmo texto. 
Escoita e escolle con cal te quedas.


Fíxate neste exemplo:
 

TEXTOs.... PARA QUE?


Textos....Para que?

Textos...Para todo!

Para escoitar.
Para ler, para comprender.
Para informarse.
Para aprender. 
Para pensar.
Para ordenar as ideas.
Para facer audios.
Para acompañar videos.
Para informar, para comunicar.
Para contar historias.

Porque sempre hai historias que contar! 

As imáxenes e as pantallas facilitan a transmisión da información.
Pero a palabra escrita, reflexionada,ordenada 
é fundamental na comprensión de historias.
Canto máis traballemos os textos,mellor. Práctica.

Le e escribe!
Deber diario.

martes, 31 de marzo de 2020

TEXTO PARA EXPLICAR O APRENDIDO

Que son os ecosistemas?

Coa escoita e a lectura aprendemos moitísimo.
Temos acceso á información.

Logo, se queremos comunicar o aprendido,
primeiro temos que procesar e ordenar ben
a información.

Podemos facer un mapa conceptual para ordenar as ideas. 
Facemos preguntas para organizar o tema central:

1.Que son?
2.Como son?
3.De que están formados?
4.Como funcionan?


Coa axuda do mapa conceptual e as preguntas, comezamos a redactar.
Un parágrafo mínimo para cada resposta.



1. Poñemos o título do tema  e damos unha definición. Explicamos que é
(suxeito correspondente e o verbo ser: é ou son).

Hai que esforzarse en facer ben o texto
posto que é para ser publicado.

O texto tamén pode ser a base do audio
para facer un video ou unha curta de animación. 
Daquela hai que facelo moi ben!

Ponte a proba! Comeza por explicar 
Que son os ecosistemas? 

Envía o teu texto e tamén o audio.