Un século son cen anos. Un cento de anos=100 anos.
Hai cen anos que temos Teatro en Viveiro!
Teatro Pastor Díaz, desde 1920. Que privilexio!
Estrelas Compañía de Ópera poden explicarnos a enorme importancia que ten o Teatro, para o público e para quen o crea desde dentro combinando texto,voces, música, efectos sonoros, escenografías, vestiario, expresión corporal,
luces...
Cultura e Artes escénicas no directo para mandar unha mensaxe importante ao mundo.Sentir unión!
Onde está o público agora? O patio de butacas está baleiro.
O público está nas casas! Máis..
#A Cultura segue
Como están a vivir esta situación o mundo das Artes escénicas? Cantas e que profesións están implicadas?
Por que é tan importante o directo?
Que aprendizaxes pode aportar crear unha ópera ou un teatro musical?
Que aprendizaxes aporta a ópera e o teatro como público?
Ricardo Carvalho Calero, ademáis das súas lecturas asistía ao Teatro Jofre.
Ricardo pasaba as obras completas de ópera, zarzuela e teatro preguntando o porqué de cada movemento no palco. As experiencias lidas e vividas moveron ao pequeno Ricardo a escribir pequenas pezas teatrais que levaría á práctica cos seus irmáns,nun Teatro particular, na casa. Era guionista, director e rexedor da pequena Compañía familiar.
Cando Carvalho Calero foi mestre no colexio innovador de Fingoi (1950-1965) traballaba teatro co seu alumnado.
Ricardo Carvalho Calero escribiu teatro:
En 1971 publica Catro Pezas:
- A sombra de Orfeo
- Farsa das zocas
- A árbore
- Auto do prisioneiro
- O fillo de Isabel
- O redondel
- Os xefe
Teatro tamén é un xénero literario de escita en forma de diálogos e descricións (acotacións) para ser representado.
Teatro...Para que?
Estrelas Compañía de Ópera explican...reflexionan...
LÓVA: a ópera como vehículo de aprendizaxes.
Por certo, Estrelas, sabíades que Ricardo Carvalho Calero cando era neno non tiña moitos amigos e pasaba as tardes de domingo no faiado?
Que imaxinades que faría no faiado?