Páxinas

martes, 24 de marzo de 2020

HORA DA ESCOITA!

Editorial: OQUELEO
Libro: Unha misión para Clara
Autora: Marica Campo

Capítulo 2. O misterio medra


Ecosistemas! Que sabes tí sobre os ecosistemas?Intenta explicalo e poñer un exemplo.

A nai de Clara fai un puré moi san. Que ingredientes leva o puré? Escribe.
Que ingrediente non lle gusta a Clara?

Que misterio! Onde irá o neno? 
Por que deixaría a maleta?
Que haberá na maleta?

Escribe (ordena, redacta e revisa) e manda as túas respostas a 
ermiclase@gmail.com

Proba a facer unha infografía da receita do puré!
(Na lista de ingredientes fai o debuxo de cada ingrediente na esquerda antes de poñerlle o nome.) 

 Cabaciño





Pictograma de Arasaac.

luns, 23 de marzo de 2020

LECTURA FÁCIL. INFOGRAFÍAS

O acceso á información, ao coñecemento e á Cultura é un  dereito de todas as persoas.
A lectura é unha ferramenta universal.
Lendo apréndese moitísimo!

Que é a lectura fácil?

A lectura fácil é un deseño que facilita a comprensión da información.
Linguaxe clara, directa e sinxela (fácil de entender).
Utilízanse apoios visuais.

INFOGRAFÍAS. Información gráfica-moi visual
Documento fácil de entender.
A información está ordenada.
Por exemplo:


PROPOSTA:
Elabora unha pequena infografía
Explica unha receita de cociña fácil
Lembra que se ten que entender moi ben.
Podes enviar a infografía ao correo 
ermiclase@gmail.com
 

HORA DA ESCOITA EN PRIMARIA

Editorial: OQUELEO
Título do libro: Unha misión para Clara
Autora: Marica Campo

Podedes escoitar o capítulo:
1. Clara e o neno descoñecido,
no Soundcloud de Ermiclase


Preguntas que fai Clara neste capítulo:

_Quen chama?
_Quen es?
_ Que queres?
_Como te chamas?
_De onde vés?
_Non me comprendes?
_Do you speak  English?
_Queres pasar?
_Coméronche a lingua os ratos

En Galego e en inglés só poñemos o símbolo de cerrar a pregunta ao final.

Se narramos,cando fala un personaxe poñemos un guión. 

PROPOSTA
Realiza unha ilustración da escena 
máis representativa do capítulo.

Lembra que as ilustracións deben ser moi fieis ao que di o texto. Mellor que escoites con moita atención varias veces, para facelo ben.

Gustouche o capítulo? Quen será ese neno descoñecido?
Podes deixar a túa opinión nos comentarios

sábado, 21 de marzo de 2020

QUE IMOS COCIÑAR?

Escoitando música podemos ata  aprender a cociñar... un Cocido Sinfónico, de Os Tres TENedORES...



Musicar unha receita...Que boa idea,non?
PROPOSTA:
1. Procurar unha receita sinxela dun prato que nos guste.
2. Anotar ben clariño, TÍTULO, ingredientes necesarios e a súa elaboración por pasos ordenados. 
3. Unha vez recollida a receita por escrito, probar a musicala!Si, xogar a poñerlle música. Emulando o Cocido Sinfónico ou creando retrousos e estilos propios. Liberdade e moita creatividade!

Canta aprendizaxe e diversión nesta proposta,non si?

DA IMAXE Á PALABRA ESCRITA CON IRENE SILVA


Catro Habilidades que temos que desenvolver para ter competencia nas Linguas:
  1. Escoitar
  2. Falar con discurso ordenado
  3. Ben Ler- (Comprender. Tamén imaxes estáticas ou en movemento).
  4. Escribir
Escribir non é un exercicio doado. A linguaxe escrita é unha representación da linguaxe oral. A escrita está suxeita a normas. Non podemos escribir como falamos!
Na escrita hai que...
  •  pararse a pensar
  • escoller ben as palabras do que queremos expresar
  • ordenar facendo boas frases
  • ter en conta a ortografía e as regras para convertir os sons nas grafías(letras) correspondentes.
Como "A letra con Arte entra" imos devagariño, moi amodiño no proceso da escrita.

PROPOSTA DA IMAXE Á PALABRA coa grande Artista IRENE SILVA.
Imos poñerlle palabras , texto, a partir das súas imaxes gravadas...
O primeiro paso será...coñecer algo da obra desta artista, viaxar polos seus lenzos...
Preme no enlace á súa páxina oficial...e logo no "Ler máis" para seguir a proposta.


Foto de Irene Silva Xiráldez
Enlace á páxina oficial de Irene Silva


venres, 20 de marzo de 2020

MÚSICAS GALEGAS. QUEN FOI MARÍA DOVAL?


Non hai moito publicouse o libro Ferreñas & Rock and Roll. Retratos de músicas galegas da man de Laura Romero. Texto de Iria Pedreira. Baía Edicións. (Novembro 2019).





Este libro xurde  a partir do Proxecto Músicas Galegas Ilustradas creado no 2017 coa pretensión de visualizar o papel das mulleres no panorama musical galego actual.

Logo de Músicas Galegas Ilustradas por Laura Romero.
Retrato de Josefa de Bastabales.

 Enlace á páxina oficial de Músicas Galegas Ilustradas

O libro comeza con...MARÍA DOVAL!Tanxendo polo mundo.



A IMPORTANCIA DE LERLLES!

Se queremos que escoiten, escoitamos!
Se queremos que lean, lemos!
Somos o exemplo!

Á "Hora de Lectura" desde Infantil ata mínimo 2º curso da Primaria debería ser "Hora da Escoita". Tempo diario. Da escoita de lecturas que lles leamos! Lecturas ben escollidas e preparadas. Interesantes para o público ao que nos diriximos. Non teñen que ser largas, nin necesariamente libros de contos. Pode ser unha noticia, un poema, un texto informativo, unhas instrucións, unha receita de cociña, unha biografía,...Algo interesante, que os enganche...
Somos o exemplo! 
PRELECTORES e PRIMEIROS LECTORES, necesitan de bos exemplos para ir mellorando a súa competencia. Ler como comprender, máis aló de descifrar o código escrito.