Páxinas

luns, 15 de decembro de 2014

AGPETAL E A ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE

O venres pola tarde e o sábado todo o día reunímonos un grupo de mestras de AL en Coruña, na UNED.

XIV Xornadas AGPETAL (Asociación Galega de Profesorado Especialista en Técnicas de Audición e Linguaxe).

Desta volta o título era "Trastornos do desenvolvemento en Educación Infantil. Estratexias e Técnicas de intervención e conducta".

Comezamos a xuntanza con Fátima García Doval , que estrena asesoría de Orientación da Consellería de Educación. É dicir, que temos un teléfono e un correo ao que acudir en caso de dúbida. Fátima sempre responde no teléfono de Atención á Diversidade: 981-546512.

Fátima lembrounos que os teléfonos de hoxendía non son teléfonos, senon pequenas computadores coas que ademáis podemos realizar chamadas. A tecnoloxía móbil e a Comunicación Aumentativa é moi importante. Reflexionamos sobre os Comunicadores  e as mensaxes que incluir nestes. Empezando pequeniño ainda que pensemos en grande, coa capacidade de ir medrando coma se de unha Biblioteca se tratase. Non hai comunicador perfecto pero temos opcións de facer boas cousas: PictoDroid Lite, PiktoPlus ou In-TIC, segundo necesidades.


A maior parte das Xornadas protagonizounas Saínza Ramos, logopeda  na Asociación Alanda, en Madrid.
Trastornos de Comunicación e Linguaxe. Como facemos para provocar comunicación e linguaxe?
A importancia de verbalizar, de poñer palabras se o neno ou nena non o fai. "Fago eu pero...como se fose él ou ela".
A importancia de ESTRUCTURAR o espazo e o tempo!Do caos á ORGANIZACIÓN.
Pictograma+signo+moldeamento.
Na Fala Signada, o signo desaparece. O obxectivo non é que signe senon que fale!
Horarios, Calendarios, Caderno Viaxeiro e Reloxes Adaptados.

INTERACTUAR. Rutinas para as familias. Moldeando e Verbalizando. Facer as pausas. Quendas de interacción. Tentacións para a Comunicación.
Verbalizar en 1ª persoa do singular.
As cancións  pódennos servir para sacar sonidos.
Señalamos sempre os acertos,( ignorando o fracaso).
Contos e Xogos nos que pasan cousas...emoción.
Elaborar guións de xogos moi simples e moi repetitivos.
Apoios Visuais para entender mellor a linguaxe oral.
As Normas sempre en positivo! Ser moi específicos. Anticipación.
Xogo simbólico. Xerando problemas e creando solucións.

Zona de enfado. "Tés dereito a enfadarte pero non tes dereito a montala!"Sacalo da clase para que se tranquilice.

Hai que xogar todos os días! Os papis, na casa.
Traballar a actitude. Xogos de dramatizar e imaxinar.
Os pais, as familias deben tirar da iniciativa e ser Compañía Sensible.Compartir contos face to face.

Apoio Conductual Positivo  para reducir conductas inapropiadas.
É importante enseñar cal é a conducta apropiada.
Pictogramas para regular a conducta .
Rexistro  Análise de conductas, para ir baixando as frecuencias das conductas inapropiadas.
Reforzar as conductas positivas.
Crear novos hábitos de Comportamento. Asegurar o éxito.
Importante as Habilidades Sociais e ...o sentido do Humor.





Ningún comentario:

Publicar un comentario