Páxinas

venres, 20 de marzo de 2020

INFANTIL. OS RECUNCHOS EN FAMILIA

Para o alumnado de Infantil e as súas Familias estes días na casa...

Ademáis da Escoita sen pantalla (Radio Picariña), e da Escoita con pantalla (SonárboreTV)... Podemos trasladar algunha rutina do cole á casa.

Oído e vista son dous canles principais da entrada á información. Importantes para recibir información. Mais, non chega só con percibir información...Algo haberá que facer para integrala,comprendela e darlle significado!? A comprensión precede ao proceso e á expresión. Así que temos que comezar por asegurar a comprensión e por establecer diálogos.

A IMPORTANCIA DO XOGO SIMBÓLICO. INTERACCIÓNS PARA APRENDER.

Como axudamos dende a casa?

1. Procuramos un tempo exclusivo. Non ten que ser moito tempo pero sí convén que sexa exclusivo no intercambio comunicativo.
2. Procurar un xogo, xoguete ou actividade para o xogo simbólico. Tamén pode ser cociña creativa ou outra actividade onde haxa que interactuar.
3. Coidar os intercambios comunicativos enriquecéndoos con linguaxe, explicacións e entonacións axustadas. Respectando as quendas de palabra e acción. (Facer como se...).
4. Ser conscientes de que sodes modelo a seguir. 


Todo o que se faga de intercambios comunicativos de calidade redundará en moita aprendizaxe e nun bo desenvolvemento das Linguas.



xoves, 19 de marzo de 2020

CON PANTALLA...ESCOITA E MIRA!

Unha vez traballado o Oído e a Escoita Activa...pasamos a engadir outro dos canles importantes de percepción da información: a vista. Tamén temos dous ollos...

Escoita e mira! Para comprender, para aprender...

Recomendo unha vez máis o canal de Youtube Sonárbore,da Editorial Galaxia.




Por exemplo... A horta de Balbina , dunha familia por nós moi coñecida.... 


 Videos de cancións en galego para escoitar e ver. Mais se teñen o engadido do texto, da escrita. Así imos integrando o idioma na parte oral e tamén na parte escrita.
Vendo o texto ben escrito é unha forma de integrar palabra,ortografía, ademais de comprender mellor o tema ou historia mensaxe da canción.

Hai moitos videos que ver, que escoitar e cos que podemos aprender moito.
Uxía, Paco Nogueira, moitos dos nosos favoritos...

A IMPORTANCIA DE ESCOITAR E ESCOITAR(SE)

Recalco sempre a importancia do Oído para as aprendizaxes, para as Linguas, para ler e para escribir.


O Oído é unha vía moi directa para percibir información.
O Oído é o primeiro sentido que desenvolvemos, incluso antes de nacer...
E temos dous oídos!  Daquela será importante escoitar, non si?

luns, 16 de marzo de 2020

ESCOITA.... Radio PICARIÑA!

A Escoita é moi importante para as aprendizaxes!
Escoita sen pantalla...ESCOITA ACTIVA!

RADIO PARA XENTE MIÚDA....RADIO PICARIÑA!
Mil cancións en Lingua Galega adaptadas para nenas e nenos...
Podemos facer escolla de como as queremos escoitar!
Títulos, cancións e intérpretes...Moitas aprendizaxes!

"A letra...con música entra!"





TRABALLAR SEN LIBRO DE TEXTO. NOVAS PEDAGOXÍAS.

Traballar sen libro de texto non quere dicir traballar con fichas!

Trátase de novas pedagoxías e outra forma de traballar necesaria neste século  XXI. 

Marco lexislativo que temos que cumprir e polo que programamos a nosa actividade:



1. Comunicación Lingüística
2. Competencia matemática e tecnoloxía
3. Competencia dixital
4. Aprender a aprender
5. Competencias sociais e cívicas
6. Sentido de Iniciativa e espírito emprendedor
7. Conciencia e expresións culturais 


xoves, 24 de marzo de 2016

HIMNO GALEGO EN LINGUA DE SIGNOS


Mais exemplos de conxugar a LSE e a nosa Lingua.
Coido que podemos preparar ben as clases de Sociales desta volta!
Canta Lucía Pérez e o video é do Programa Hefesto, do Concello de Pontevedra xunto coa Concellaría de Normalización.



Se se quere, en galego e en Linguaxe de Signos todo se pode facer!

VACACIÓNS.LSE GALEGO.AS NOSAS MANS


As nosas mans, o canal de Youtube do CEIP Escultor Acuña. Xenial!
Vocabulario que podemos necesitar para estos días...



Tamén vocabulario curricular, de Sociais. Claro que eles e elas son de Vigo, e dan a coñecer os distintos barrios.


A idea é boísima! Os protagonistas son os alumnos e alumnas. Está moi claro e ben subtitulado. Ben feito!
E co vocabulario en galego! Pódese pedir máis?

Claro que o CEIP Escultor Acuña é preferente de integración de alumnado xordo. Pero poderían tomar nota calquera centro  ordinario, ainda que só haxa un alumno ou unha alumna con xordeira...

Se cada centro fixese un par de videos...xa teriamos un bo banco do que nutrirnos.
LSE e vocabulario na nosa língua. Para animarse,non si?